Diferenzas entre revisións de «Lodoïska»

+commonscat, imaxes
m (→‎Trama e música: Arranxos varios)
(+commonscat, imaxes)
 
=== Acto 1 ===
[[Ficheiro:Lodoïska - sketch for the decor of the 1st act (attributed to Ignazio Degotti).jpg|miniatura|Esbozo para a decoración do primeiro acto (1791), de Ignazio Degotti]]
 
Un grupo de guerreiros [[Pobo tártaro|tártaros]], dirixidos por Titzikan, achéganse ao castelo dun notorio barón chamado Dourlinsky. Un dos homes de Titzikan, informa de que Dourlinsky abandona o castelo con frecuencia, e na súa ausencia podería ser fácil tómalo. Pero Titzikan di que un ataque furtivo sería socavado -el quere derrotar a Dourlinsky nun concurso xusto-. Entón escoitan a alguén que se achega e pasan a esconderse no bosque para observar. O conde Floreski aparece co seu fiel asistente Varbel. Os seus cabalos foran roubados polo tártaro, polo que estaban camiñando a pé. Floreski está buscando a súa noiva, Lodoïska. Os dous tiñan planeado casaren, pero o pai dela tivo un desacordo político con Floreski, así que cancelou a voda, denunciou a Floreski e encondeu a Lodoïska nun lugar secreto. Dende entón, morreu o seu pai e non saben exactamente onde está. Floreski e Varbel enfróntanse con Titzikan e os seus guerreiros. Na pelexa, os tártaros están desarmados. Titzikan está impresionado pola honorable forma de batallar de Floreski e os dous homes forman unha alianza. Titzikan di que el e as súas forzas están planeando atacar a Dourlinski, cuxas forzas devastaron as súas terras. Floreski lembra que Dourlinski era amigo do pai de Lodoïska. Pode ser aquí onde está retida? Seguidamente, cae unha pedra aos seus pés, cunha nota adxunta (foi lanzada pola mesma Lodoïska). Está retida na torre da prisión do castelo. Cando Floreski se achega á torre, ela cántalle, dicindo que a medianoite debe subir ata a cima da torre e baixar ata a súa xanela. Pero o nervioso Varbel ten outra idea. Dourlinsky non sabe que o pai de Lodoïska morreu. Varbel di que deben ir ao castelo, entregar as noticias, e dicir que foron enviados pola nai de Lodoïska para traela á casa. Floreski está de acordo. Chaman á porta do castelo e un servente introdúceos no interior.
 
=== Acto 2 ===
[[Ficheiro:An Antic Gallery, Lodoïska - sketch for the decor of the 2nd act (François Verly, after Ignazio Degotti).jpg|miniatura|Unha galería antiga, sketch para a decoración do segundo acto (1791) de François Verly, logo de Ignazio Degotti]]
 
Altamora, secuaz de Dourlinsky, leva a Lodoïska da torre a un escuro corredor dentro do castelo, xunto á súa enfermeira, Lysinka. Entón Dourlinsky entra e ordena a Lysinka saír da habitación, quere falar a solas con Lodoïska. Dourlinsky cóntalle a súa intención de casar con ela, pero recibe unha contestación de que non ten dereito a facelo. Dourlinsky ameaza cos dereitos de amante, pero ela contéstalle que é un monstro, non un amante, e que está namorada doutra persoa, do conde Floreski. Hai unha forte discusión e Douslinsky ordena aos seus homes que a leven á parte máis escura e secreta da torre da prisión. Tamén promete localizar a Floreski, quen queira que sexa, e desfacerse del. Con Lodoïska desaparecida, Douslinsky reúnese con Floreski e Varbel, sen saber quen son. Cando lle din que foron enviados para levar a Lodoïska xunta a súa nai, Dourlinsky, claramente, non o cre. Dilles que informen de que Lodoïska xa non está con el. Sabendo que Douslinsky está mentindo, Floreski vacila, sen saber que facer a continuación. Para gañar un pouco de tempo, coméntalle que lles gustaría quedar esta noite para poder descansar antes da súa viaxe de volta á casa. Douslinsky está de acordo, pero ordena mantelos vixiados. Floreski está furioso, sabe que Doulisnky planea roubar a Lodoïska para si mesmo. Varbel trae unha inquietante noticia: escoitou a dous homes de Douslinsky planeando ofrecerlles uns refrescos: dous vasos de viño envelenados. Cando aparecen os homes, Floreski entretenos mentres Varbel cambia o viño que lles ofreceron polos vasos que os homes de Dourlinsky traían para si mesmos. Todos beben, e os envelenadores pronto estarán fríos. Cando Floreski e Varbel tratan de escapar, Douslinsky confróntaos cun grupo de soldados. Floreski desafíao revelando a súa identidade, e ambos son detidos como prisioneiros.
 
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Lodoïska (Cherubini)}}
=== Bibliografía ===
* The Rough Guide to Opera (3rd. Edition) June 2002 (Londres) Rough Guides Ltd.
4

edicións