Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m →‎A Enciclopedia: arranxiño
Liña 285:
==== A ''Enciclopedia'' ====
 
Un segundo cambio importante no [[Século das luces]] en relación co século precedente tivo a súa orixe en Francia, cos [[Enciclopedia|enciclopedistas]]. Este movemento intelectual defendía a idea de que existe unha arquitectura científica e moral do saber. O filósofo [[Denis Diderot|Diderot]] e o matemático [[Jean leLe Rond dD'Alembert|d'Alembert]] publicaron en [[1751]] a ''Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers'' (coñecido como "A [[Enciclopedia]]") que permitiu coñecer todo o coñecemento científico da época. Esta Enciclopedia vén ser coma un himno ao progreso científico <ref>Véxase sobre este punto: Pierre Astruc [et al.], ''L'Encyclopédie et le progrès des sciences et des techniques'', Centre International de synthèse. Section d'Histoire des Sciences, 1952, (Artigos que apareceron antes na ''Revue d'histoire des Sciences et de leurs applications'' e reunidos coa ocasión do bicentenario da Enciclopedia).</ref>.
 
Coa Enciclopedia nace igualmente a concepción clásica de que a ciencia debe a súa aparición ao descubrimento do método experimental. [[Jean le Rond D'Alembert]] explica así, no ''Discours préliminaire de l'Encyclopédie'' ([[1759]]) que: