Leonor Teles de Meneses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 1:
{{Biografía}}
Dona '''Leonor Teles de Meneses''', cognominada ''A Aleivosa'' ([[Tras os Montes]], c. [[1350]] - [[Tordesillas]], [[27 de abril]] de [[1386]]) foi raíña de [[Portugal]] entre [[1371]] e [[1383]], polo seu matrimonio con D. [[Fernando I de Portugal|Fernando I]], con quen casou o [[15 de maio]] de [[1372]]. En febreiro de [[1373]], nacía [[Beatriz de Portugal]].
 
Sobriña de D. [[Xoán Afonso Telo de Meneses, conde de Barcelos]], descendía polo seu pai (Martín Afonso Tello de Meneses) do rei [[Froila II|Froila II de Asturias e León]] e, pola súa nai (Aldonça Anes de Vasconcelos) de Teresa Sánchez, filla bastarda do rei Don [[Sancho I de Portugal]].
 
Coa morte de D. Fernando o [[22 de outubro]] de [[1383]], D. Leonor asumiu a rexencia do reino e o seu amante [[Galicia|galego]] [[Xoán Fernandes Andeiro]] pasou a vivir no pazo real. Esta ligazón desagradou principalmente ao pobo, á burguesía e a parte da nobreza, que odiaban a rexente e temían un matrimonio cun soberano vencellado á coroa castelán-leonesa.
 
D. [[Xoán I de Portugal|Xoán, Mestre de Avis]], apoiado por un grupo de nobres, entre os que Álvaro Pais, e o mozo D. [[Nuno Álvares Pereira]] foi animado polo descontento xeral a asasinar o conde de Andeiro. A acción tivo lugar no pazo, a [[6 de decembro]] de [[1383]], e iniciou o proceso de obtención da rexencia en nome do infante Xoán
 
D. Leonor fuxiu de [[Lisboa]], fiel ó Mestre de Avis, e refuxiouse en [[Ourense]] e logo en [[Santarém, Portugal|Santarém]], cidades fieis á causa da raíña, onde intentou manobrar politicamente a súa continuidade no poder. Porén, co desenvolvemento do conflito entre o Mestre de Avis e o rei castelán, a rexente perdeu espazo de manobra e acabou por ceder a rexencia a D. [[Beatriz de Portugal|Beatriz]], esposa de D. [[Xoán I de Castela]].
 
Coa vitoria do partido do Mestre de Avis na guerra civil, este converteuse en rexente e despois rei, e D. Xoán I de Castela, xenro de Leonor, internouna no mosteiro de Tordesillas, preto de [[Valladolid]], onde viría a falecer.
 
{{Control de autoridades}}