Henrique I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito D. non necesario
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 76:
}}
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2017}}
'''Henrique I de Portugal''', nado en [[Lisboa]] o [[31 de xaneiro]] de [[1512]] e finado en [[Almeirim]] o [[31 de xaneiro]] de [[1580]], foi un relixioso portugués, [[Rei de Portugal]], tendo gobernado entre [[1578]] e a súa morte, [[1580]]. Ás veces é chamado de D. Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o [[Henrique de Borgoña|Conde D. Henrique]], por aqueles chamado D. Henrique I. É coñecido polos alcumes de ''O Casto'' (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), '''''O Cardeal-Rei''''' (igualmente por ser eclesiástico) ou ''O Eborense/O de Évora'' (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos [[Xesuítas]]), transformando Évora nun centro cultural importante.
 
== Traxectoria ==
Henrique era o quinto fillo home de D. [[Manuel I de Portugal|Manuel I]] e da súa segunda muller María de Aragón, e era irmán máis novo do rei D. [[Xoán III de Portugal|Xoán III]]. Como se comprende, Henrique non tivera a esperanza de subir ao trono.
 
Ben cedo na súa vida, Henrique recibiu o sacramento da orde, para promover os intereses portugueses na [[Igrexa Católica]], na época dominada pola [[España]]. El subiu cedo na xerarquía da Igrexa, sendo rapidamente [[Arcebispo de Braga]], primeiro [[arcebispo de Évora]], [[arcebispo de Lisboa]] e aínda [[inquisidor]] maior antes de recibir o título de [[cardeal (relixión)|Cardeal]], co título dos [[Catro Santos Coroados]] (1546). Aínda que nunca teña asistido a [[conclave]] ningún, chegou a ser apuntado como un dos favoritos a suceder no [[Papado|trono de San Pedro]] nos dous conclaves de [[1555]].
Liña 85:
Despois da desastrosa [[Batalla de Alcácer-Quibir]] en [[1578]], despois de recibir a confirmación da morte do rei [[Sebastián de Portugal]], no [[mosteiro de Alcobaça]], acabou por suceder ao sobriño-neto. Henrique renunciou entón ao seu posto clerical e buscou inmediatamente unha noiva para así poder dar continuidade á [[dinastía de Avis]], pero o [[Gregorio XIII, papa|Papa Gregorio XIII]], que era un familiar dos [[Habsburgo]], non o liberou dos seus votos.
 
Foi aclamado rei na igrexa do [[Hospital de Todos os Santos]], no [[Rossio]], sen grandes festexos. Caberíalle resolver o rescate dos moitos cativos en [[Marrocos]]. O reino, entón xubiloso pola xuventude que D. Sebastián líder, perdía o ánimo coa noticia e esixía vinganza ao rei que, con todo, enfermou.
 
Mesmo co serio problema da sucesión en mans, D. Henrique nunca aceptou a posibilidade de nomear o [[Antonio I de Portugal|Prior do Crato]], Antonio I de Portugal, outro seu sobriño, herdeiro do trono, pois non recoñecía a lexitimidade de D. Antonio. En consecuencia, despois da súa morte, de feito D. Antonio subiu ao trono pero non conseguiu mantelo, perdéndoo para o seu curmán [[Filipe II de España]], na batalla co [[duque de Alba]].
 
{{S-start}}