Afonso V de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Elisardojm (conversa | contribucións)
Braganza
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Durante a súa menoridade, Portugal foi rexido pola súa mai, [[Leonor de Aragón (1402-1445)|Leonor de Aragón]], de acordo co desexo expreso en testamento polo rei [[Duarte de Portugal]]. No entanto, por ser muller e estranxeira, Leonor de Aragón non era unha escolla popular e a oposición creceu. O único aliado da raíña mai era [[Afonso I de BragançaBraganza|Afonso]], irmán ilexítimo de Duarte e Conde de Barcelos. En [[1439]], as Cortes deciden retirar a rexencia a Leonor e entregala a [[Pedro, duque de Coímbra]], o tío máis vello de Afonso. Como rexente, Pedro procurou limitar o desenvolvemento de grandes casas aristocráticas, verdadeiros reinos dentro do reino, e concentrar o poder na persoa do rei. O país prosperou baixo a súa xurisdición, mais o ambiente político non era o máis saudábel unha vez que Pedro interfería coa ambición dos nobres. O Conde de Barcelos, inimigo persoal de Pedro, a pesar de seren medios-irmáns, tornouse no tío favorito de Afonso V e comezou a conspirar polo poder. En [[1442]], Afonso nomea este tío como primeiro [[Duque de BragançaBraganza]]. Con este título e terras adxacentes, Afonso tórnase no home máis poderoso de Portugal e nun dos máis ricos da Europa. Para asegurar a súa influencia xunto de Afonso, Pedro organiza o casamento do novo rei coa súa filla [[Isabel de Portugal, raíña de Portugal|Isabel de Coímbra]].
 
A [[9 de xuño]] de [[1448]], Afonso V atinxe a maioridade e asume o control do reino. A [[15 de setembro]] do mesmo ano, desexoso de mostrar independencia política, anula todos os editais aprobados durante a rexencia. A situación tórnase inestábel e, no ano seguinte, levado por informacións que máis tarde virían a probarse falsas, Afonso declara o tío e sogro Pedro rebelde e inimigo do reino. Xuntamente con Afonso de BragançaBraganza, derrota o Duque de Coímbra na [[batalla de Alfarrobeira]], onde este é morto en combate. Despois desta batalla e da perda do máis notábel príncipe da ''[[Ínclita xeración]]'', Afonso V pasa a ser totalmente controlado polo Duque de BragançaBraganza.
 
Acabada a inestabilidade interna, a atención de Afonso V concentrouse na expansión no [[Norte de África]], iniciada en [[1415]] coa [[conquista de Ceuta]]. En [[1453]] dáse a [[caída de Constantinopla]] e o papa [[Calisto III]], en [[1456]], apela a unha cruzada, a que Afonso V responde preparando un grande exército. Mais, frustrada esta misión, Afonso V retoma a campaña no Norte de África. O exército real conquistou, nas campañas que valeron a Afonso o cognome do ''Africano'', [[Alcácer-Ceguer|Alcácer Ceguer]] ([[1458]]), [[Anafé]] ([[1464]]) e [[Arcila (Marrocos)|Arcila]] ([[1471]]); coa toma desta praza caeran tamén nas mans dos Portugueses as de [[Tánxer]] e [[Larache]]. O rei subsidiou aínda as exploracións do [[Océano Atlántico]], concedendo o comercio na Guiné a [[Fernão Gomes]], coa condición de descubrir todos os anos 100 leguas de costa, o que o levaría até á costa de [[São Jorge da Mina]]. Organizadas polo seu tío, [[Henrique, duque de Viseu]], estas viaxes non tiveron continuidade despois da morte deste en [[1460]]. Do punto de vista administrativo, Afonso foi un rei ausente, pouco preocupado co desenvolvemento do comercio e a administración do reino.