Afonso I, Duque de Braganza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Braganza
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
 
Liña 1:
{{biografía}}
D. '''Afonso I de Braganza''', nado talvez en [[Veiras]] ([[Alentejo]]) en [[1377]] e finado en [[1461]], foi o 8.º [[conde de Barcelos]], 2.º conde de Neiva e o 1.º [[Duque de Braganza]]. Foi fillo natural do rei D. [[Xoán I de Portugal|Xoán I]] e de Inés Pires.
 
== Traxectoria ==
O primitivo estado e patrimonio dos [[Dinastía de Braganza|Braganza]] formouse con bens e terras que dotou á filla o condestábel D. [[Nuno Álvares Pereira]] ([[1360]]-[[1431]]) 7.° Conde de Barcelos. Foi o fundador da casa de Braganza. O señorío e o Ducado de Braganza solicitounos ao rexente D. [[Pedro, duque de Coímbra|Pedro]], con motivo de breve reconciliación entre ambos, que llo concedeu no ano [[1442]]. Os descendentes foron [[Duque de Guimarães|Duques de Guimarães]] o [[23 de novembro]] de [[1470]] e de [[Duque de Barcelos|Barcelos]] o [[5 de agosto]] de [[1562]].
 
Durante o reinado de D. [[Duarte de Portugal|Duarte]] tivo excelentes relacións co seu medio irmán, pero non o conseguiu demover da tráxica expedición a [[Tánxer]]. Despois da morte de Duarte e durante a rexencia da súa viúva dona [[Leonor de Aragón|Leonor]] e don Pedro, irmán do falecido rei, non foron boas as relacións entre Afonso e Pedro. En [[1442]] este obtivo do rexente o señorío e Ducado de Braganza. Era o terceiro Ducado de Portugal (os dous primeiros foron creados por Xoán I para os seus dous fillos: o de [[Duque de Coímbra|Coímbra]] a D. Pedro e o de [[Duque de Viseu|Viseu]] para D. [[Henrique o Navegador|Henrique]])
 
== Casamento e descendencia ==
Casou en [[Leiria, Portugal|Leiria]] en [[8 de novembro]] de [[1401]] con D. Brites ou D. [[Beatriz Pereira de Alvim]] ([[1380]]-[[1412]]) condesa de Barcelos e condesa de Arraiolos, filla única do condestábel D. Nuno Álvares Pereira e D. Leonor Alvim, morta en [[1 de novembro]] de 1401, a herdeira da casa máis opulenta do reino. Dese casamento, tivo tres fillos:
 
* [[Afonso, Conde de Ourém|D. Afonso]], [[conde de Ourém]] e [[marquês de Valença]] (mercé de [[Afonso V de Portugal|Afonso V]]) que faleceu aínda en vida de seu pai en [[1460]];
* [[Fernando I, Duque de Braganza|D. Fernando]] que sucedeuo no ducado de Braganza;
* [[Isabel de Braganza|D. Isabel]] que casou co seu tío o infante [[Xoán, Infante de Portugal|D. Xoán]], fillo de D. Xoán I.
 
En 1420, casou con [[Constanza de Noreña]], filla de [[Afonso Henriques de Castela|Afonso de Gijón e Noreña]], fillo de [[Henrique II de Castela]], pero non tivo fillos.