Real Academia Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 11:
Dende [[1870]] establécense en [[América]] e nas [[Filipinas]] academias correspondentes da lingua española. Estas na actualidade teñen o mesmo rango e condicións cá RAE. Xunto á [[Asociación de Academias de la Lengua Española]], á que pertencen, foron galardoadas co [[Premio Príncipe de Asturias da Concordia]] en [[2000]].
 
O 20 de outubro de 1993 constituíuse a '''Fundación Pro Real Academia Española''', entidade que ten coma finalidade achegar recursos económicos para o financiamento das empresas da Academia. Está rexida por un padroado do que ostenta a presidencia de honor a súa maxestade o rei D. [[Xoán Carlos I]], a presidencia o gobernador do [[Banco de España]] e a vicepresidencia o director da Real Academia Española. As vogalías osténtanas outros académicos, os presidentes das comunidades autónomas e de empresas privadas, coma socios fundadores.
 
A Fundación está aberta á participación de particulares mediante a correspondente cota económica, membros benfeitores, e entre as actividades subvencionadas atópanse a realización do banco de datos, o ''Diccionario del estudiante'', o ''Diccionario panhispánico de dudas'' e outras obras en proxecto ou desenvolvemento coma a ''Gramática normativa''.