España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 244:
[[Ficheiro:Flag of Spain (1977-1981).svg|miniatura|200px|Primeira bandeira da democracia española. Foi oficial ata 1981 e o escudo é o que aparece na Constitución.]]
 
O ditador morreu o [[20 de novembro]] de [[1975]]. [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos I]] é proclamado rei dous días despois. Ábrese entón un período coñecido como [[Transición Española|Transición]]. Culminará co establecemento dunha [[Monarquía parlamentaria]] en [[1978]], logo da renuncia aos seus dereitos históricos realizada por D. [[Xoán de Borbón]], pai do rei. Tralas primeiras eleccións democráticas, [[Adolfo Suárez]], do partido [[Unión de Centro Democrático]] (centro-dereita), foi elixido presidente de Goberno. Leva a cabo importantes reformas políticas e inicia as negociacións para a entrada de España na [[Comunidade Económica Europea]]. Dimite en [[1981]]. Durante este período a banda terrorista vasca [[ETA]] comete un gran número de atentados, especialmente contra membros do exército e das forzas de seguridade, así como outros de carácter indiscriminado. Durante a sesión de votación de investidura do sucesor de Suárez, [[Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo]] (UCD), o [[23 de febreiro]] (23-F), tivo lugar un intento de [[Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981|golpe de estado]] promovido por altos mandos militares. O Congreso dos Deputados é tomado polo tenente coronel [[Antonio Tejero|Tejero]]. O intento foi abortado o mesmo día, tendo lugar a intervención do rei Juan Carlos en defensa da orde constitucional. En [[1981]] asínase en [[Bruxelas]] o protocolo de adhesión á [[OTAN]], dando comezo ao proceso de integración na Alianza que termina na primavera de [[1982]], durante o goberno da UCD.
 
[[Ficheiro:Variación de la población española entre 1900 y 2000.svg|miniatura|300px|Distribución xeográfica do crecemento da poboación española ao longo do século XX.]]