Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 4 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
sanación > curación
Liña 55:
Na [[Idade Antiga]] e na [[Idade Media]] non había hospitais. No mundo antigo os enfermos eran coidados na súa casa, na casa dos médicos, en santuarios, ou ben en torno a fontes termais. Estes últimos centros estiveron conectados con lugares de culto durante toda a Idade Media, tanto no occidente [[cristianismo|cristián]] coma no [[Islam|mundo musulmán]].
 
Na idade de ouro da civilización islámica medieval aparecen os ''Bimaristan'', que están considerados como os primeiros hospitais, no sentido moderno do termo. Eran establecementos onde o mal se acollía con beneplácito os acollidos neles estaban a cargo de persoal cualificado. Polo tanto, os médicos musulmáns medievais foron os primeiros en faceren unha distinción entre un hospital e os diferentes tipos de institucións como os templos de sanacióncuración, os templos do sono, os hospicios, os asilos ou os [[lazareto]]s para leprosos ([[lepra|leprosarías]]) que, na antigüidade, servía máis ben para illar aos enfermos e aos tolos da sociedade, "en lugar de ofrecerlles esperanza dunha curación real". Os ''Bimaristans'' medievais, por tanto, considéranse como os primeiros hospitais no sentido moderno da palabra.<ref>
Micheau, Francoise (2004): ''The Scientific Institutions in the Medieval Near East'', páxs. 991-992.</ref> Os primeiros hospitais públicos,<ref name="Barrett">Peter Barrett (2004), ''Science and Theology Since Copernicus: The Search for Understanding'', páx. 18, Continuum International Publishing Group, ISBN 0-567-08969-X.</ref> os primeiros hospitais psiquiátricos,<ref name="Ibrahim B. Syed PhD p. 2-9">Ibrahim B. Syed PhD, "Islamic Medicine: 1000 years ahead of its times", The Islamic Medical Association of North America, ''Journal of the Islamic Medical Association'', 2002 (2), páxs. 2-9 [7-8].</ref> as escolas de medicina e as universidades tamén foron introducidas polos médicos musulmáns medievais.