Decretos de Nueva Planta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Nova planta Catalunya 1.jpg|miniatura|dereita|Portada dun dos '''Decretos de Nueva Planta''', que prohibía o uso da [[lingua catalá]] na administración de xustiza de Cataluña.]]
 
Os '''Decretos de Nueva Planta''' son un conxunto de decretos asinados polo rei [[Filipe V de España|Filipe V]] despois da [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]], en virtude dos cales se abolían os [[Foro]]s e [[Constitucións catalás|Constitucións]] dos territorios da [[Coroa de Aragón]] e se cambiaba a organización territorial da [[Imperio Español|Monarquía Hispánica]]. Formalmente son unha serie de Cédulas Reais que estableceron unha «nova planta» das [[Real Audiencia|Reais Audiencias]] dos territorios da Coroa de Aragón e da [[Coroa de Castela]]. Todos eles veñen precedidos dunha abolición das institucións propias:
 
* Reinos de [[Reino de Valencia|Valencia]] e [[Reino de Aragón|Aragón]]: [[29 de xuño]] de [[1707]].
Liña 9:
{{Cita|''Los corregidores pondrán el mayor cuidado en introducir la lengua castellana, a cuyo fin darán las providencias más templadas y disimuladas para que se consiga el efecto deseado sin que se note el cuidado''|Decreto de nueva planta de 1717.<ref>En 2010 aínda seguen en vigor arredor de 150 disposicións, artigos e decretos que obrigan ao uso do castelán na industria e o comercio</ref><ref>''55 mentiras sobre lingua galega''. X.H. Costas (coord.). Editorial Laiovento, 2009. Publicación da plataforma cidadá ProLingua.</ref>}}
 
O 13 de abril de 1711 promulgouse un segundo decreto en Aragón que restablecía parte do dereito aragonés e regulaba unha nova organización da Audiencia de Zaragoza. A primeira reivindicación da Coroa de Aragón respecto á situación anterior á Nueva Planta foi o memorial de agravios denominado ''[[Representació]]'' ([[1760]]). Os Decretos de Nueva Planta significaron a fin das institucións propias dos países da [[Coroa de Aragón]], se ben xa foran perdendo a súa influencia real durante os sucesivos reinados da [[Habsburgo|Casa de Habsburgo]]<ref>Vegeu Joan Reglà, "El Regne de València i la Corona d'Aragó", en ''Aproximació a la història del País Valencia'' {{ca}}.</ref>.
 
== Precedentes ==
A ocupación militar da Coroa de Aragón e a consecuente aplicación dos Decretos de Nueva Planta representaron a aplicación dos plans do Memorial Secreto de [[Conde-DuqueGaspar deGuzmán OlivaresPimentel|Gaspar de Guzmán]], conde-duque de Olivares, ao rei, para "reducir estes reinos de qué se compone España al estilo y leyes de Castilla sin ninguna diferencia" ([[1625]]). Cos Decretos de Nueva Planta, o primeiro rei da [[casa de [[Borbón]] seguiu, por outra banda, a política aplicada a [[Cataluña do Norte]] polos seus antepasados desde o [[Tratado dos Pireneos]] e a concepción absolutista do poder da monarquía.
 
== Consecuencias xurídicas ==
Liña 36:
[[Ficheiro:Cortes Catalanas.jpg|miniatura|dereita|[[Cortes Catalás]] nunha miniatura dun incunable do século XV.]]
 
O Estado Central organizouse en [[provincia]]s gobernadas por un [[Capitanía Xeneral|Capitán Xeneral]] e unha audiencia, encargados da administración. Para a administración económica e financeira establecéronse as [[intendencias provinciais]], seguindo o modelo francés, que levaron consigo a aparición da figura dos [[intendente]]s.
 
Para o Goberno Central creáronse as secretarías de Estado, orixe dos actuais [[ministerio]]s, que eran ocupadas por funcionarios designados polo rei. O sistema de Consellos dos reis da casa de Habsburgo foi abolido, agás o [[Consello de Castela]], que centralizou o poder e onde a Coroa de Aragón en conxunto tivo menos representación que [[reino de Galicia|Galicia]], [[Principado de Asturias|Asturias]] e [[Navarra]] por separado. Creáronse tamén unhas Cortes únicas para todo o territorio, con sede en Madrid. Estas Cortes remarcaban a unidade e o centralismo pero non tiñan poder ante o poder absoluto do rei Borbón.
 
== Imposición dunha lingua ==
Liña 52:
== Abolición das institucións catalás ==
 
O decreto de Nueva Planta de Cataluña abolía a Deputación do Xeneral, as [[Cortes Catalás]], o ''[[Consell de Cent]]'' etc. Substituía ao vicerrei por un capitán xeral, dividía Cataluña en correxementos, como en Castela, e desaparecían as tradicionais [[vigairía]]s. Establecíase o [[catastro]], para gravar propiedades urbanas e rurais, e os beneficios do traballo, o comercio e a industria. Igualmente, o castelán pasaba a ser lingua oficial, especialmente da escola e os xulgados. Tamén se pecharon as universidades catalás, que deran apoio ao [[Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Arquiduque Carlos de Austria]], e creábase a [[Universidade de Cervera]].
 
O decreto de Nueva Planta de Mallorca e as Pitiusas (de acordo co [[Tratado de Utrecht]], despois da [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]], [[Menorca]] pasou a depender da [[Imperio Británico|Coroa Británica]]) abolía todas as institucións mallorquinas, como o ''[[Gran i General Consell]]''. Ademais implantouse o nome romano de [[Palma de Mallorca|Palma]] na Cidade de Mallorca.
 
== Notas ==