Abellón (macho da abella): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Abellas mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2018}}
{{Outros homónimos|Abellón}}
[[Ficheiro:Drone 24a.jpg|miniatura|250px]]
Os '''abellóns''', '''abáboros''' ou '''abázcaros'''<ref>TénñaseTéñase en conta que tamén se lles chama abellóns aos [[abesouro]]s (''Bombus'') e ao ''[[Vespa crabro]]''. Ademais, abáboro e abázcaro tamén son nomes que se lle dan a ''Vespa crabro''.</ref> son as abellas machos da colmea; desenvólvense en celas máis grandes cás obreiras, de 8 milímetros de diámetro e proceden de ovos sen fecundar ([[partenoxénese]]). Nacen aos 24 días da posta, a cela operculada é facilmente recoñecible xa que sobresae por ser máis avultada que a dunha obreira. Cando se lles permite estirar panais ás obreiras sen cera estampada é factible que constrúan panais con celas propias de abellóns, nos cales a raíña depositará ovos non fecundados que darán orixe a abellóns. É importante que o apicultor non leve marcos con celas de abellóns á cámara de cría en virtude de que a reprodución destes é inversamente proporcional á produción de mel. As abellas manteñen naturalmente proporcións de abellóns elevadas, con respecto á necesaria na práctica apícola, destinada á produción de mel.
 
Os abáboros aparecen normalmente na primavera, perdurando en toda a estación reprodutiva da colonia, primavera-verán-comezo de outono, sempre que existan raíñas sen fecundar; o tempo de vida da abella macho é de aproximadamente 3 meses. Se o fluxo de alimento é escaso as abellas obreiras expulsan os machos, os cales acaban morrendo de frío ou fame fóra da colmea. As colmeas con raíñas virxes toléranos ata a fecundación da mesma.
Liña 8 ⟶ 9:
 
== Ciclo vital do abellón ==
{| class="wikitable"
 
|-
{| style="border: 1px solid #ccd2d9; width: 90%; " cellspacing="1"
|- bgcolor="Khaki"
!Tipo
!ovo
Liña 16:
!Operculado
!Pupa
!Período de<br />desenvolvemento
!Fertilidade
|-
Liña 29:
 
== As funcións do abáboro na colmea ==
'''Fecundar a raíña''': aos 12-24 días do seu nacemento, están maduros para o apareamento, as aletas que suxeitan o aparello xenital da raíña deben estar alaranxadas. Realizan a diario grandes percorridos en busca de colmeas cunha raíña virxe.
 
No voo nupcial, o abáboro máis forte fecundará a raíña, xa que el é o que a alcanza máis facilmente no seu voo vertical. Adoitan ter lugares específicos onde se pousan durante o día á espera dun voo de fecundación, e se non conseguen fecundar unha raíña, vagarán dunha colmea a outra. Este comportamento convérteos en importantes transmisores de enfermidades.
 
'''Producir calor''': póusanse sobre os cadros con cría para substituíren as obreiras ama de cría na produción de calor e quentaren así a cría, de xeito que as obreiras poden exercer para outras funcións.
 
[[Ficheiro:Bienen 35b-Detail.jpg|250px|miniatura|Abellóns e obreiras]]
Repartir [[Néctar (botánica)|néctar]]: os abellóns realizan a ''[[trofalaxe]]'', que é a conduta de repartir alimento entre as obreiras, provendo alimento ata a 50 obreiras. O néctar, con gran porcentaxe de auga, debe pasar varias veces polo bocho das obreiras para chegar a ser mel, desta forma, os abáboros contribúen á elaboración do mel.
 
Os abellóns son facilmente recoñecibles por varias características: os seus grandes ollos que se tocan se os observamos desde a parte superior, maior tamaño, abdome rectangular longo e robusto e un voo ruidoso. Nas fotografías é posible comparar o tamaño dos ollos dun abáboro e unha obreira. Os seus ollos ao ser grandes permítenlle ter un amplo campo de visión; é sen dúbida a caste que mellor ve, xa que deben poder localizar as femias virxes no voo de apareamento. Teñen a lingua moi curta, o cal lles impide libar o néctar, por iso son alimentados polas obreiras. Non teñen [[corbícula]] no terceiro par de patas como as obreiras, o que lles impide o transporte de pole ou propóleo. Ao non posuíren glándulas odoríferas poden entrar a calquera colmea, xa que as abellas obreiras encargadas da vixilancia da colmea non poden identificalos como membros da colonia ou elementos espúreosespurios. Non teñen aguillón.
 
== Elixir abáboros que un quere que fecunden unha raíña ==
Liña 43 ⟶ 44:
 
Outro método para a elección da xenética dos abáboros é a inseminación artificial da abella raíña con seme destes. O seme obtense cunha xiringa de fecundación especial, apertando o abdome dos abáboros sexualmente maduros.
 
<!--Hai que comprobar estas imaxes. Eu creo que non son abellas senón ''Bombus''
==Galería de imaxes==
:''Vexa o artigo principal en [[Galería de imaxes de abázcaros de Galicia]]''
<gallery>
Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg|[[Bastavales, Brión|Bastavales]], [[Brión]]
File:Abellon.Oroso.Galiza.JPG|[[Oroso]]
File:Abazcaro034eue.jpg|[[Bastavales, Brión|Bastavales]]
 
</gallery>
-->
 
== Notas ==
Liña 59 ⟶ 49:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Abella raíña]]
* [[Abella obreira]]
* [[Apicultura]]
* [[Apidae]]
* [[Abella melífera]]
* [[Colmea]]
Liña 68 ⟶ 57:
* [[Determinación do sexo por haplodiploidía]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20060210220605/http://www.culturaapicola.com.ar/apuntes/anatomia/antomia.htm Cultura Apícola: Anatomía e Bioloxía da Abella]
{{Control de autoridades}}
Liña 74 ⟶ 63:
[[Categoría:Apicultura]]
[[Categoría:Abellas]]
 
[[fr:Apis (genre)#Faux-bourdons]]