Abrir o menú principal

Cambios

m
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Castelo de Pambre, Pambre, Palas de Rei.jpg|miniatura|Castelo de Pambre, lugar de nacemento de García Blanco.]]
Licenciouse en Filosofía e Letras na [[Universidade Central de Madrid]], véndose influído polo maxisterio intelectual do [[Filosofía|filósofo]] e [[Pedagoxía|pedagogo]] [[Francisco Giner de los Ríos]], fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]]. Doutorouse no ano [[1907]] coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''. Pouco despois do seu doutoramento, ingresaingresou no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en [[Albacete]] durante uns meses, cedo viu cumprida o súa arela de volver á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de [[Lugo]] deicaata se xubilar.
 
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, enviou escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribiu no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos foron localizados grazas ao seu arquivo persoal, conservado pola familia.
89.787

edicións