O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
encol > sobre
Liña 37:
Como Stradlater regresa tarde da súa cita, Caulfield interrógao respecto ao que fixeron. O compañeiro négase a responder, e Holden sospeitando que fixo o amor con Jane, ponse furioso e golpéao, iniciando así unha pelexa. Aínda que non é a primeira vez que discuten, si é a primeira que pelexan, xa que no fondo a Holden non lle cae nada ben. O certo é que nunca se levou moi ben con ningún dos seus antigos compañeiros de habitación xa que, segundo el, todos eran un pouco raros.
 
Caulfield, despois do altercado decide marchar a pesar de que aínda non era o día oficial da expulsión. Tras botar un berro a todo o colexio, en sinal de rabia, e abandonalo, toma un tren cara a [[Nova York]]. Nel atópase coa atractiva nai dun compañeiro, á que conta varias mentiras encolsobre doo bo comportamento do rapaz.
 
Unha vez na gran cidade, decide aloxarse nun hotel xa que non quere contarlles aos seus pais que o botaron novamente do instituto. Dende alí, chama a unha muller, Faith Cavendish, que traballaba de bailarina de ''striptease''. Ao non poder convencela para que saia con el, Caulfield baixa ao salón de baile, onde danza con de tres turistas.