Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
encol > acerca
Liña 8:
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, enviou escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribiu no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos foron localizados grazas ao seu arquivo persoal, conservado pola familia.
 
No ano [[1912]] publicou ''Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega'', asinado baixo as iniciais M.G.B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Heraldo de Vigo]]''. Sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan ponderadas e oportunas encolacerca da problemática sociolingüística do idioma galego<ref name=GEG>Alonso Montero, Xesús: in [[Gran Enciclopedia Gallega]], "García Blanco, Manuel" ([[Silverio Cañada]] Edit.; [[Xixón]] 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - [[Diario de Pontevedra]], 2003)</ref>.
 
Cinco anos despois, no número 12 de ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', do [[10 de marzo]] do [[1917]], anunciouse a tradución ao galego da obra baixo a epígrafe ''Consideración sobre a fala galega''<ref>Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo ''Folletón de A Nosa Terra'', só se editou a primeira delas, no número 17 da revista, do [[30 de abril]] do mesmo ano.</ref>, dicíndose dela que
Liña 21:
O seu ''cursus academicus'' viuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de [[Literatura]] do instituto de Lugo á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano [[1940]], en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística. Malia esta contrariedade, exerceu como profesor auxiliar de diversas materias (catedrático de [[Lingua francesa|francés]], profesor de [[latín]] e outras especialidades) no Instituto de Lugo.<ref name=GEG/>
 
Xa no ano [[1940]], dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada de gran valor, achegando xuízos moi acertados encolacerca da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no [[1944]]-[[1945]] as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
=== Vida persoal e familiar ===