Ucronía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado contidos de pt.wiki
Liña 1:
[[Ficheiro:Fatherland's_1964_Europe.jpg|miniatura|dereita|300px|Mapa ficticio amosando a división política en 1964 nunha [[Europa]] onde a [[Alemaña nazi]] non foi derrotada na [[segunda guerra mundial]].]]
A '''ucronía''' é un sub[[xénero literario]] da ficción especulativa (ou da [[ciencia ficción]]) referido a un [[tempo]] inexistente, non por ocorrer no futuro senón por ser unha visión alternativa deste debido a que a [[historia]] da humanidade transcorrera de xeito diferente a como de feito transcorreu. A trama transcorre nun mundo no cal a [[historia]] posúe un punto de diverxencia da historia tal e como a coñecemos. A [[literatura]] de historia alternativa fai a seguinte pergunta: "que acontecería se a historia tivese transcorrido de maneira diferente?" A maioría das obras do xénero están baseadas en eventos históricos reais, aínda que aspectos sociais, xeopolíticos e tecnolóxicos se teñan desenvolvido diferentemente. Malia que en certo grao toda a [[ficción]] pode ser descrita como "historia alternativa", un representante axeitado do subxénero contén ficción na cal un ponto de diverxencia ocorre no [[pasado]], facendo que a sociedade humana se desenvolva de maneira distinta.
 
Dende os [[década de 1950|anos 1950]], este tipo de ficción fundiuse en gran parte cos [[tropo]]s da ficción científica arredor do entrecruzamento de períodos históricos, tempo paralelo, viaxes entre historias/universos alternativos (ou coñecemento psíquico da existencia do "noso" universo por persoas noutro, como nas obras de [[Philip K. Dick|Dick]] e [[Vladimir Nabokov|Nabokov]]), ou ben en viaxes "cara a adiante" e "cara a atrás" no tempo resultando na partición da historia en dúas ou máis liñas temporais. Cruzamento de épocas, partición do tempo e temas da historia alternativa estiveron tan entrelazados que é imposíbel distinguilos individualmente. O libro de [[1962]] ''[[The Man in the High Castle]]'' de Philip K. Dick, no cal os [[Alemaña nazi|nazis]] gañaron na [[segunda guerra mundial]], é un dos exemplos mais famosos de historia alternativa, tendo marcado profundamente este xénero.
{{Curto de máis|data=xullo de 2016}}
 
== Etimoloxía ==
Ucronía é un [[neoloxismo]] que está baseado na palabra ''utopía'' (un lugar que non existe) e na palabra grega para "tempo", ''chronos''. Unha ''uchronie'', polo tanto, é definida como un tempo que non existe. Outro termo ocasionalmente utilizado (principalmente en [[lingua castelá|castelán]]) é "alohistoria" (lit. "outra historia").<ref>[http://www.worldwidewords.org/turnsofphrase/tp-all1.htm Allohistory]</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}