Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Do I ó IV Congreso: https://academia.gal/dicionario/-/termo/soviet
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''Terceira Internacional''', coñecida normalmente só por '''Internacional Comunista''', como tamén pola súa abreviatura en [[Lingua rusa|ruso]] '''Komintern''' (Коминтерн, abreviatura de Коммунистический интернационал, "Internacional Comunista") ou '''Comintern''' (abreviatura do [[Lingua inglesa|inglés]]: Communist International) foi unha organización [[comunista]] internacional, fundada por iniciativa do [[Bolxevique|Partido Comunista de Rusia (Bolxevique)]] en marzo de [[1919]] que agrupaba ósos [[Partido Comunista|Partidos Comunistas]] do mundo co obxectivo de loitar pola ''superación do [[capitalismo]], o establecemento da [[Ditadura do Proletariadoproletariado]] e da República Internacional dos Soviets, a completa abolición das clases e a realización do [[socialismo]], como primeiro paso cara á sociedade comunista'', como aparecía nos seus primeiros estatutos.
 
==Historia da Komintern==
 
===Antecedentes históricos===
Segundo o preámbulo dos primeiros estatutos da Komintern, os seus antecedentes remontanseremóntanse á [[Asociación Internacional de Traballadores]] fundada, entroutros, por [[Karl Marx]] e [[Friedrich Engels]] en [[Londres]] en [[1864]], e que, polapor primeira vez, agrupaba traballadores de diferentes países. Após a desaparición desa [[Primeira Internacional]] en [[1876]], Engels promoveu a creación da [[Segunda Internacional]] en [[París]] en [[1889]], que agrupaba partidos socialistas, [[Socialdemocracia|socialdemócratas]] e [[Laborismo|laboristas]]. O inicio da [[Primeira Guerra Mundial]] produciu unha fractura na organización cando o sector dos socialistas reformistas decidiu apoiar os gobernos na declaración da [[guerra]] e o sector dos socialistas revolucionarios se opuxeron totalmente a ela. Derivado diso, este sector revolucionario celebrou a [[Conferencia de Zimmerwald]] en [[1915]] e a [[Conferencia de Kienthal]] en [[1916]], que se converteron na base para a Komintern (a Terceira Internacional), creada en marzo de [[1919]] en [[Petrogrado]] como sistema para romper as relacións definitivamente cos sectores reformistas, ós que acusaban de teren traizoado a clase traballadora e de provocaren a destrución da [[Segunda Internacional]].
 
===Constitución e evolución===
Liña 10:
 
====Do I ó IV Congreso====
O I Congreso Mundial da Internacional Comunista tivo lugar en Petrogrado entre o [[2 de marzo]] e o [[6 de marzo]] de [[1919]]. Os temas fundamentais foron a democracia burguesa e a ditadura do proletariado, así como a necesidade de difundir o sistema de [[soviet]]s. Tamén se nomeou [[Grigori Zinoviev]] como Presidente do Comité Exectivo da Internacional Comunista (CEIC), a máxima autoridade da Komintern durante o período intercongresual. Estiveron presentes os Partidos Comunistas de [[Rusia]], [[Alemaña]], [[Austria]], [[Hungría]], [[Polonia]], [[Finlandia]], [[Ucraína]], [[Letonia]], [[Lituania]], Biolorrusia[[Bielorrusia]], [[Estonia]], [[Armenia]] e da Rexión do Volga; tamén grupos comunistas [[checos]], [[búlgaros]], [[Iugoslavia|iugoslavos]], [[británicos]], [[franceses]] e [[suízos]], o [[Partido Social Democrático de Esquerda de Suecia]], o [[Partido Socialista Laborista de América]], a [[Liga de Propaganda Socialista dos Estados Unidos]], o [[Partido dos Traballadores da China]], a [[Unión de Traballadores de Corea]], e seccións comunistas de [[Turquía]], Azerbaixán[[Acerbaixán]], [[Xeorxia]], [[Persia]] e [[Turquestán]]. O [[Partido Laboristados norueguésTraballadores Noruegueses]] tamén estivo presente (aínda que a abandonou en [[1923]]). Pola súa banda, o [[Partido Socialista Italiano]] negouse a participar, o que provocou unha escisión interna en [[1921]] que deu orixe ó [[Partido Comunista Italiano]], que si se integrou na Komintern.
 
O II Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre o [[19 de xullo]] e o [[7 de agosto]] de [[1920]]. É o momento do fin da [[guerra civil rusa]] e tamén o momento en que a axitación revolucionaria se estende rapidamente por [[Alemaña]]. Neste Congreso insístese na necesidade de adoptar e propagar o sistema de soviets, e acórdanse as denominadas [[21 Condicións]] para o ingreso na Komintern diante das numerosas organizacións socialdemócratas que solicitaran a adhesión.
 
O III Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[22 de xuño]] e o [[12 de xullo]] de [[1921]] novamente en [[Moscova]]. Nel combatéronse as posturas ultraesquerdistas dalgúns partidos comunistas como o [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD) alemán tras o fracaso do [[Levantamento Espartaquista]] e recoñeceuse que a situación mundial tiña mudado na medida en que as revolucións comunistas só triunfaran no [[Imperio Ruso]] e fracasaran en Alemaña e en Polonia. Ademais, tratouse especificamente a necesidade de incorporar as [[mulleres traballadoras]] ó movemento comunista.
 
O IV Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[30 de novembro]] e o [[5 de decembro]] de [[1922]] en [[Moscova]], incidindo nas tácticas da chamada "fronte única" e tratándose a situación da [[raza negra]] e o traballo dos comunistas nos sindicatos[[sindicato]]s. Ademais, trátase a situación dos comunistas en [[Asia]] e o [[Pacífico]], e decrétase a incompatibilidade entre a pertenza á [[masonería]] e a pertenza a un partido comunista.<ref>[http://tristan.u-bourgogne.fr/UMR5605/publications/histoireenrevolution/histoireenrevolution.pdf Une histoire en révolution? Du bon usage des archives de Moscou et d'ailleurs, baixo dirección de Serge Wolikow] (en [[lingua francesa|francés]])</ref>
 
====Do V ó VII Congreso====
Liña 27:
En abril de 1929, [[Nikolai Bukharin]] é obrigado a dimitir do cargo de Secretario Xeral da Komintern acusado de ''dereitista'' pola dirección do PCUS, no momento en que a ascensión de [[Iosif Stalin|Iósiv Stalin]] se confirma imparábel. En substitución de Bujarin é escollido para a Secretaría Xeral o búlgaro [[Georgi Dimitrov]], que dirixirá a Komintern desde [[1934]] até a súa disolución.
 
O VII Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] en agosto de [[1935]]. Após o auxe dos fascismos[[fascismo]]s e o fracaso do programa político aprobado no anterior Congreso, apróbase unha política de frontes populares auspiciada intensamente por [[Stalin]], que xa é gobernante absoluto da [[URSS]] despois de ter eliminado os seus opositores no proceso coñecido como a [[Gran Purga]]. Fronte a esta política de frontes populares, os representantes do [[trotskismo]] avogan pola revolución mundial inmediata. A posición que se aproba é, finalmente, a do PCUS staliniano.
 
===Disolución da Komintern===
A [[Segunda Guerra Mundial]] cortou o contacto do goberno da [[URSS]] con numerosos partidos comunistas no resto do mundo, considerando ademais que os países do eixo capitalista receaban do goberno soviético despois do [[Pacto Ribbentrop-Molotov]] celebrado co goberno [[nazi]] en agosto de [[1939]]. A invasión da URSS por parte de tropas do [[III Reich]] en xuño de [[1941]] provocou que a URSS se vise como aliada de dúas potencias capitalistas: [[Gran Bretaña]] e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Nesa tesitura, o [[15 de maio]] de [[1943]], antes da celebración da [[Conferencia de Teherán]], o Presidium do Comité Executivo da Internacional Comunista decreta "a madurez dos partidos comunistas" nacionais e decide disolver a Komintern para evitar os receos das potencias capitalistas aliadas da URSS nese momento.
 
En [[1947]], a instancias de [[Stalin]] é creada a [[Kominform]] (Oficina de Información Comunista para substituír a Komintern. O novo organismo reúne os Partidos Comunistas de Bulgaria, [[Checoslovaquia]], Francia, Hungría, Italia, Polonia, a Unión Soviética e Iugoslavia. Porén, disolveuna [[Nikita Khrushchev]] como medida de [[desestalinización]] e como consecuencia das críticas dos comunistas franceses e italianos (os máis influentes forafóra do [[Pacto de Varsovia]]) á intervención militar soviética na [[Revolución Húngara de 1956]]. Ademais, desde [[1960]], diversos acontecementos demostran innecesaria a existencia dun organismo de coordinación como a Kominform: en primeiro lugar, o enfrontamento entre a URSS e Iugoslavia; en segundo lugar, a pugna ideolóxica sostida entre a URSS e a [[China]] [[maoísmo|maoísta]]; e, en terceiro lugar, a primacía efectiva da URSS e do PCUS sobre calquera outra organización comunista.
 
==Organización da Internacional Comunista==
Liña 44:
Varias organizacións foron creadas baixo o auspicio da Internacional Comunista. Entre elas, as máis importantes foron:
*[[Internacional Sindical Vermella]] (Profintern)
*[[Internacional da MocedadeMocidade Comunista]]
*[[Socorro Vermello Internacional]] (MOPR)
*[[Internacional Campesiña]] (Krestintern)