Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Do I ó IV Congreso: https://academia.gal/dicionario/-/termo/soviet
Liña 10:
 
====Do I ó IV Congreso====
O I Congreso Mundial da Internacional Comunista tivo lugar en Petrogrado entre o [[2 de marzo]] e o [[6 de marzo]] de [[1919]]. Os temas fundamentais foron a democracia burguesa e a ditadura do proletariado, así como a necesidade de difundir o sistema de [[soviet]]ess. Tamén se nomeou [[Grigori Zinoviev]] como Presidente do Comité Exectivo da Internacional Comunista (CEIC), a máxima autoridade da Komintern durante o período intercongresual. Estiveron presentes os Partidos Comunistas de Rusia, Alemaña, Austria, Hungría, Polonia, Finlandia, Ucraína, Letonia, Lituania, Biolorrusia, Estonia, Armenia e da Rexión do Volga; tamén grupos comunistas checos, búlgaros, iugoslavos, británicos, franceses e suízos, o Partido Social Democrático de Esquerda de Suecia, o [[Partido Socialista Laborista de América]], a Liga de Propaganda Socialista dos Estados Unidos, o Partido dos Traballadores da China, a Unión de Traballadores de Corea, e seccións comunistas de Turquía, Azerbaixán, Xeorxia, Persia e Turquestán. O Partido Laborista noruegués tamén estivo presente (aínda que a abandonou en [[1923]]). Pola súa banda, o [[Partido Socialista Italiano]] negouse a participar, o que provocou unha escisión interna en [[1921]] que deu orixe ó [[Partido Comunista Italiano]], que si se integrou na Komintern.
 
O II Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] entre o [[19 de xullo]] e o [[7 de agosto]] de [[1920]]. É o momento do fin da [[guerra civil rusa]] e tamén o momento en que a axitación revolucionaria se estende rapidamente por [[Alemaña]]. Neste Congreso insístese na necesidade de adoptar e propagar o sistema de sovietessoviets, e acórdanse as denominadas [[21 Condicións]] para o ingreso na Komintern diante das numerosas organizacións socialdemócratas que solicitaran a adhesión.
 
O III Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse entre o [[22 de xuño]] e o [[12 de xullo]] de [[1921]] novamente en [[Moscova]]. Nel combatéronse as posturas ultraesquerdistas dalgúns partidos comunistas como o [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD) alemán tras o fracaso do [[Levantamento Espartaquista]] e recoñeceuse que a situación mundial tiña mudado na medida en que as revolucións comunistas só triunfaran no Imperio Ruso e fracasaran en Alemaña e en Polonia. Ademais, tratouse especificamente a necesidade de incorporar as mulleres traballadoras ó movemento comunista.