Antonio Iglesias Vilarelle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Campaña do Seminario de Estudos Galegos para o estudo das Terras de Deza. Foto tomada diante da casa de Ramón María Aller, Lalín, xuño de 1934.jpg|miniatura|300px|[[Seminario de Estudos Galegos|SEG]] en 1934: Entre outros: [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], Iglesias Vilarelle, [[Isidro Parga Pondal|Parga Pondal]], [[Manuel Ferreiro Panadeiro|Ferreiro Panadeiro]], [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Fernández Osorio]], [[Robustiano Fernández Cochón|Fernández Cochón]], [[Vicente Risco]], [[Sebastián González García-Paz|González García-Paz]], [[Antonio Taboada Roca|Antón Taboada Roca]], [[Paulino Pedret]], [[Xesús Carro]], [[Antón Fraguas]], [[Xohán Ledo]], [[Xaime Isla Couto|Isla Couto]], [[Florentino López Cuevillas|López Cuevillas]] e [[Anxelo Ramos Colemán|Ramos Colemán]]]]
Malia a ter nacido en Compostela xa de rapaz pasou a vivir en Pontevedra. Estudou a carreira de Dereito en Compostela e retornou a Pontevedra, con praza de funcionario na delegación de facenda, onde quedou. As súas inquedanzas intelectuais abranguían moi diversos eidos: a historia da arte, as fontes e testemuños históricos, a liturxia e a [[haxiografía]], a evolución das técnicas musicais e a renovación pedagóxica. Sendo a máis destacada das súas participacións culturais a súa produción no eido da música.
eidos: a historia da arte, as fontes e testemuños históricos, a liturxia e a
haxiografía, a evolución das técnicas musicais e a renovación pedagóxica. Sendo a máis destacada das súas participacións culturais a súa produción no eido da música.
 
Na súa mocidade compartiu instituto con [[Francisco Javier Sánchez Cantón|Sánchez Cantón]], Octavio Pintos e [[Antonio Blanco Porto|Blanco Porto]] e fixo pardeparte dos [[Ultreya (organización)|Ultreias]]. A través da súa relación con [[Antón Losada Diéguez|Losada Diéguez]] axudou a pór os alicerces do [[Museo Provincial de Pontevedra|Museo de Pontevedra]] e tamén do [[Seminario de Estudos Galegos]].
 
Fundou con [[Antonio Blanco Porto]] a Sociedad Filharmónica de Pontevedra, da que foi secretario entre [[1923]] e [[1925]], e en [[1940]] converteuse en director da [[Coral Polifónica de Pontevedra]], cargo que ocupou durante vinte e catro anos. Tamén dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra. Como músico cultivou diversos xéneros como o [[motete]], a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico e a canción popular.
[[Ficheiro:Sepulcro Antonio Iglesias Vilarelle.jpg|miniatura|[[Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra|Cemiterio de S. Amaro, Pontevedra]]]]
Creou con [[Xesús Ferro Couselo]] a revista ''[[Logos (revista)|Logos]]'', boletín católico mensalmensual do que foi director. Como mestre estivo a cargo da Sección de Pedagoxía e do Laboratorio de Psicotécnica do [[Seminario de Estudos Galegos]], e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Participou na fundación do [[Partido Galeguista de Pontevedra]] en 1931 e integrouse na [[Dereita Galeguista]] logo da escisión do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] en maio de 1935.
 
Ingresou na [[Real Academia Galega]] o 29 de decembro de [[1951]]. Foi membro da [[Real Academia de Bellas Artes]]{{Cómpre referencia}} e da Comisión de Monumentos de Pontevedra.
 
Era irmán da tamén mestra [[Josefa Iglesias Vilarelle]], autora dun ''Método de lectura'' en galego, que foi o primeiro do seu xénero, publicado polo Seminario de Estudios Galegos en [[1932]] e formou parte da xunta directiva da [[Dereita Galeguista]].