Gallia Lugdunensis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 4:
A súa creación responde a razóns étnicas e políticas. A Galia Lionesa agrupaba unha serie de tribos galas culturalmente próximas e diferentes das da [[Aquitania]] e [[Bélxica]] romanas. Estas tribos da ocupaban unha importante rexión central na [[Galia]], o que levou aos romanos a dividila para evitar levantamentos, incluíndo a súa parte setentrional na Bélxica e a meridional na Aquitania.
 
A Galia Lionesa era unha provincia imperial e, por tanto, encontrábase baixo a autoridade do emperador romano a través dun gobernador chamados ''legatus'' ([[legado]]). A súa capital, Lugdunum ([[Lión]]), era tamén a da [[Galia]] toda e nela residía o [[prefecto]] da mesma. O papel privilexiado de Lugdunum, situada estratexicamente no val do [[río Ródano|Ródano]], reforzouse coa presenza dunha [[Casa de moeda|fábrica de moedas]] imperial e coa do santuario federal das tres Galias, dedicado ao culto de [[Roma]] e Augusto.
 
Alén de Lugdunum, as principais cidades romanas da Galia Lionesa eran ''Augustodunum'' ([[Autun]]), ''Lutetia'' ([[París]]), ''Condate'' ([[Rennes]]), ''Rotomagus'' ([[Ruán]] ), ''Iuliomagus'' ([[Angers]]), ''Caesarodunum'' ([[Tours]]) e ''Augustodurum'' ([[Bayeux]]).