Ein deutsches Requiem: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Johannes Brahms 1866.jpg|miniatura|Johannes Brahms en torno a [[1866]].]]
'''''Ein deutsches Requiem'', [[Opus (música)|Op.]] 45''' (en [[lingua galega|galego]] '''''Un Requiem alemán''''') é unha grangrande obra de [[Johannes Brahms]] para [[orquestra]], [[coro (grupo musical)|coro]] e [[solo (música)|solistas]], composta entre [[1865]] e [[1868]]. Está composta de sete partes e ten unha duración de entre 65 e 80 minutos, o que a convirten na obra máis longa do compositor [[Alemaña|alemán]]. ''Ein deutsches Requiem'' é unha obra sacra, mais non litúrxica, e a diferenza da longa tradición de [[Réquiem]]s escritos en [[latín]], ''Ein deutsches Requiem'' está escrito en [[lingua alemá]].
 
== Historia ==
Liña 11:
A súa idea orixinal era a dunha obra de seis movementos; de acordo cos seus lugares eventuais na versión final, estes eran os movementos 1–4 e 6–7.<ref>{{Cita libro |title=Brahms Studies: Analytical and Historical Perspectives|last=McCorkle|first=Margot L|editor1-last=Bozarth |editor1-first=George S|year=1990|publisher=Clarendon|location=Oxford|isbn=0-19-311922-6|pages=306–307}}</ref> A finais de abril de [[1865]], Brahms rematara xa o primeiro, segundo e cuarto movementos. O segundo movemento empregaba algo de material musical abandonado que escribira en [[1854]], o ano do colapso mental e intento de suicidio de Schumann, e o traslado de Brahms a [[Düsseldorf]] para axudar a [[Clara Schumann]] e os seus fillos pequenos.<ref name=steinberg69/>
 
Brahms rematou toda a obra agás o que agora é a quinta parte en agosto de [[1866]].<ref name=steinberg68>Steinberg, 68</ref> [[Johann von Herbeck|Johann Herbeck]] dirixiu os tres primeiros movementos en [[Viena]] o [[1 de decembro]] de [[1867]]. Esta estrea parcial foi mal dibido a un malentendido coa puntuación da partitura de timbal. As seccións marcadas como ''pf'' foron tocadas como ''f'' ou ''ff'', afogando ao resto da orquestra na sección fugada do terceiro movemento.<ref name="Thuleen">Thuleen, N. [http://www.nthuleen.com/papers/415brahms.html "''Ein deutsches Requiem'': (Mis)conceptions of the Mass."] Retrieved 1 September 2011.</ref> A primeira interpretación dos seis movementos foi estreada na [[Catedral de Bremen]] seis meses despois no [[Venres Santo]], o [[10 de abril]] de [[1868]], baixo a dirección do propio compositor e con [[Julius Stockhausen]] como [[barítono]] solista.<ref name=steinberg68/> A interpretación foi un grangrande éxito e marcou un punto de inflexión na súa carreira.<ref name=steinberg69/>
 
En maio de [[1868]] Brahms compuxo un movemento adicional, que se convertería no quinto movemento na versión final. O novo movemento, que foi escrito para [[soprano]] solista e coro, foi cantado por primeira vez o [[12 de setembro]] de [[1868]] en [[Zürich]] por [[Ida Suter-Weber]], baixo a batuta de [[Friedrich Hegar]] á fronte da [[Tonhalle Orchester Zürich]]. A versión final de sete movementos de ''Ein deutsches Requiem'' foi estreada en [[Leipzig]] o [[18 de febreiro]] de [[1869]] pola [[Gewandhausorchester Leipzig]] e coro, dirixidos por [[Carl Reinecke]] e con [[Emilie Bellingrath-Wagner]] e [[Franz Krükl]] como solistas.<ref name=steinberg68/> Posteriormente interpretouse por toda [[Europa]], e Brahms comezou a ser considerado como un compositor de importancia.<ref>Cf. Roberto L. Pájares Alonso, [http://books.google.com/books?id=z_61J-IuaGUC&pg=PA351&dq=requiem+aleman+brahms&hl=en&ei=S5V2TZTrMo3OswaU_oT1BA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=7&ved=0CE8Q6AEwBg#v=onepage&q&f=false ''Historia de la música en 6 bloques. Bloque 1. Músicos y contexto''], Aebius, Madrid, s.f., páx. 351.</ref>