Walt Whitman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Escritores LGBT dos Estados Unidos de América" pola categoría "Escritores LGTB dos Estados Unidos de América"
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 27:
Durante a viaxe ao sur, que emprendeu en 1848, tivo a oportunidade de contemplar unha realidade, a de provincias, para el totalmente descoñecida e que, en definitiva, sería decisiva para a súa carreira futura. Por todo este conxunto de experiencias, cando regresou a Nova York, uns meses despois, abandonou o xornalismo e se entregou por enteiro á escritura.
 
A primeira edición da súa grangrande obra, pese a todo, non saíu do prelo ata 1855. Esta primeira edición de ''Follas de Herba'' (Leaves of grass) (habería outras oito en vida do poeta) constaba de doce poemas, todos eles sen título, e foi o propio Whitman quen se encargou de editalos e de levalos á imprenta. Dos mil exemplares da tirada, Whitman vendeu poucos e regalou a maioría, un deles a Ralph Waldo Emerson, importante figura da escena literaria estadounidense e o seu primeiro admirador. A súa crítica, moi positiva, motivou a Whitman para seguir escribindo, a pesar da súa ruinosa situación económica e da nula repercusión que, polo xeral, tiveran os seus poemas.
 
Ao ano seguinte apareceu a segunda edición e, catro anos máis tarde, a terceira, que ampliou cun poema de presentación e outro de despedida. A noticia de que o seu irmán George fora ferido ao comezo da Guerra Civil, impulsou a Whitman abandonar Nova York e acudir a Fredericksburg para poder miralo. Máis tarde trasladaríase a Washington D.C. onde, apesarado polo sufrimento dos soldados feridos, traballou voluntariamente como axudante de enfermería. Tralo fin da contenda estableceuse en Washington, onde traballou para a Administración. Alí publicou varios ensaios de contido político, nos cales defendía os ideais democráticos, pero rexeitaba o materialismo que, ao seu parecer, impregnaba a vida e as aspiracións da sociedade estadounidense.