Proclamación da I República portuguesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ja:1910年10月5日革命
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 5:
O movemento revolucionario do [[5 de outubro]] de [[1910]] deuse nunha secuencia natural de acción doutrinaria e política que, dende a creación do Partido Republicano, en [[1876]], viña sendo desenvolta. A propaganda republicana soubo sacar partido dalgúns feitos históricos de repercusión popular: as conmemoracións do centenario da morte de [[Camões]], no ano [[1890]], e o [[Ultimátum británico de 1890]] foron aproveitados polos defensores das doutrinas republicanas que se identificaron cos sentimentos nacionais e aspiracións populares.
 
[[Elias Garcia]], [[Manuel Arriaga]], [[Magalhães Lima]], así como o obreiro [[Agostinho da Silva]], foron personaxes importantes das asambleasasembleas de propaganda republicana, en [[1880]].
 
O terceiro centenario da morte de [[Camões]], foi conmemorado con actos significativos — como o cortexo cívico que percorreu as rúas de [[Lisboa]], entre o grande entusiasmo popular e, tamén, o traslado dos restos mortais de [[Camões]] e [[Vasco da Gama]] para o Panteón Nacional. As luces e o aire de festa nacional que caracterizaram estas conmemoracións complementaron ese cadro de exaltación patriótica. A idea das conmemoracións camoneanas partira da ''Sociedade de Geografia de Lisboa'', mais a execución correspondeu a unha comisión de representantes da ''Imprensa de Lisboa'', constituída polo [[Visconde de Jorumenha]], por [[Teófilo Braga]], [[Ramalho Ortigão]], [[Batalha Reis]], [[Magalhães Lima]] e [[Pinheiro Chagas]]. O Partido Republicano, ó que pertencían as figuras máis representativas da Comisión Executiva das conmemoracións do tricentenario camoneano, gañou grande popularidade.