Porto do Son, Noal, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m isto, iso, etc.
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 7:
O trazado urbano de Porto do Son carece por completo de [[planificación]], e máis nos últimos tempos, cando se están construíndo edificios modernos nas antigas rúas. Moitas destas rúas foron repavimentadas recentemente.
 
Porto do Son ten un pequeno peirao pesqueiro e un espigón, que xuntos fan unha pequena bahía por onde pasa un cortocurto paseo marítimo (actualmente estase construíndo un novo e moito maior). Consta esta bahía de un pantalán para barcos de recreo, aínda que se vai a construír un novo por unha recente remodelación. A cofradía de pescadores e a lonxa están no porto, mentres que a praza de abastos se atopa en primeira liña de costa, pero na metade do que é a vila.
 
Destaca en tamaño a praza de España, aínda que non é especialmente grande, na que se atopan algúns [[Bar, local|bares]] e comercios. Nunha rúa á dereita entrando polo o porto, está o Centro de Interpretación do [[Castro de Baroña]], un edificio (onde se atopaba a antiga [[casa do concello]]) que serve de centro de exposición e no que se atopan algúns obxetos antigos, tanto do Castro de Baroña coma doutros lugares do concello. Seguindo esa mesma rúa, sáese a preto da casa do concello, e preto de alí están a Atalaia (onde está a capela da Nosa Señora do Carmen) e a casa da cultura.