Florín aragonés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 9:
A tipoloxía desta moeda tomouse do [[florín florentino]] (''fiorino d'oro''), unha [[moeda]] orixinaria da [[República de Florencia]], que despois se imitou en toda [[Europa]]. Desde [[1252]] o ''fiorino d'oro'' era o áureo típico da República florentina, e a súa denominación derivaba do feito der levar gravado un lirio, a flor dos [[Medici]].
 
O florín de Aragón imitou no anverso a iconografía de San Xoán Bautista e no reverso o lirio, emblema de Florencia, pero coa lenda ARAGO.REX, a inicial do rei de Aragón e a [[marca dade ceca]] do [[Casa de moeda|lugar onde se cuñara]], en lugar da inscrición FLORENTIA do florín florentino.
 
As Cortes dos diversos estados rexidos por Pedro IV de Aragón opoñíanse á introdución dunha nova moeda que, porén, era necesaria a mediados do [[século XIV]] para atender as grandes sumas de diñeiro das que debía dispoñer a Coroa.