Dólar estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 33:
Existen varias versións sobre a orixe do símbolo ''$''. A que posiblemente é a máis amplamente aceptada, segundo a [[Oficina de Gravado e Impresión dos Estados Unidos]], é que o mesmo é o resultado da evolución da abreviatura novohispana e española Ps, que abreviaba [[peso (moeda)|pesos]], [[piastra]]s, ou pezas de oito reais. Esta teoría, derivada do estudo de manuscritos dos séculos XVIII e XIX, explica que o ''s'' pasou gradualmente a escribirse sobre o ''P'', desenvolvendo un equivalente próximo a ''$''. O símbolo foi amplamente usado antes da adopción do USD en [[1785]].<ref>Florian Cajori ([1929]1993). ''[http://books.google.com/books?id=7juWmvQSTvwC&pg=RA1-PA22&dq=isbn:0486677664#PRA1-PA22,M1 A History of Mathematical Notations]'' (Vol. 2). Nueva York: Dover, 15-29.</ref>
 
Outra é que o símbolo foi derivado de -ou inspirado por- a [[marca de [[ceca]] da [[Casa da Moeda de Bolivia|casa da moeda]] colonial española da cidade. Nela atopábase a mina de [[Potosí]], no actual país de [[Bolivia]]. Esta marca de [[Casa de moeda|ceca]] estaba composta das letras PTSI superpostas unha encima doutra, formando un símbolo moi similar ao orixinal símbolo do dólar (o dunha barra vertical: ''$''). As moedas de oito reais de prata de España e as súas colonias eran de uso común nas colonias inglesas de Norteamérica. Gran parte desas moedas serían [[Cuñaxe|acuñadas]] na mina de Potosí. Estas, ademais, haberían ter un perfil algo elevado, xa que a mina de prata de Potosí presuntamente foi a máis grande da historia, tanto que Potosí chegou a ser durante un tempo a cidade máis grande de toda América e a súa fama era mundial naquela época.
 
Hoxe en día, nalgunhas ocasións, aínda se usa a variante con dúas barras verticais. Esta variante atribúese ás veces á idea de superpoñer ''U'' e ''S'' (de ''United States''), pero parece que a mesma xa existía pola época en que a zona era colonia británica. O símbolo sería unha estilización das [[Columnas de Hércules]] que aparecían nas moedas acuñadas na [[Casa da moeda de México|Ceca de México]], os [[Real de oito|reais de 8]] chamados columnarios. As barras verticais serían as columnas e a S sería a banda coa lenda «[[Plus Ultra (lema)|Plus ultra]]» que as envolvía. Un selo con esta forma se estampaba sobre os lingotes de ouro e prata que viaxaban nas [[Frota de Indias|frotas de Indias]] con destino ao Tesouro Real. A versión dunha soa barra é unha simplificación do orixinal de dúas.