Abrir o menú principal

Cambios

Ligazón interna.
{{Artigo principal|Sólido (moeda)}}
{{Artigo principal|Nomisma}}
Cuñado por primeira vez no [[Casa de moeda|obradoiro monetario]] de [[Tréveris|Trier]] cara a [[310]], o sólido foi unha moeda de ouro creada por Constantino I ([[306]]-[[337]]) para financiar o seu [[exército]], en substitución do [[áureo]]'', ''que fora ata entón a moeda de ouro do Imperio''.''<ref>"[http://www.sacra-moneta.com/Numismatique-romaine/Les-monnaies-d-or-romaines.html La création du Solidus par Constantin]". En ''Les monnaies d'or romaines. www.sacra-moneta.com''</ref><ref>Jarpagon (2007). Páxina 325.</ref> A finais do século IV equivalía a 1/72 [[Libra (masa)|libra]], cunha pureza de 24 [[quilate]]s de ouro e un peso 4,5 [[gramo]]s. Coa nova denominación de nomisma, permaneceu como base do sistema monetario bizantino durante dez séculos e, mesmo, mantivo a súa vixencia durante un longo tempo de no [[norte de África]] e nos [[Conca do Mediterráneo|países da conca Mediterránea]].<ref>Morrisson (2004). Páxina 218.</ref><ref>"Glosario de unidades monetarias: Sólido". En Pita Fernández, Ricardo Luís. ''Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda''. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2</ref><ref>Alfaro Asíns, C. et al. "Sólido". En ''[http://studylib.es/doc/5930224/diccionario-de-numism%C3%A1tica Diccionario de numismática]''. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7</ref>
 
Durante os [[Século VI|séculos VI]] e [[Século VII|VII]], emitiuse unha serie de sólidos cun peso rebaixado de arredor de 3,96 gramos e cunha marca particular, cuxo propósito hoxe se descoñece. Xa no período de [[Teodosio I]] ([[379]]-[[395]]), a creación do medio sólido, denominado'' [[semissis]]'', e especialmente do terzo de sólido ou ''[[tremissis]]'' (1,5 gramos de ouro), este último cuñado en grandes cantidades, converteu a moeda de ouro en máis accesible para a poboación e aumentou a súa difusión nos circuítos económicos.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Tremissis" e "Semissis".</ref> Estas dúas novas moedas continuaron a súa produción en Constantinopla ata o período de [[Miguel I Rangabé|Miguel I]] ([[811]]-[[813]]), e en [[Siracusa]], ata o imperio de [[Basilio I]] ([[867]]-[[886]]).<ref>Petit (1974). Páxina 671.</ref>
14.774

edicións