Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 164:
En certos períodos, os retratos amósanse menos elaborados e parecen moi simplistas, case infantís, especialmente despois de [[410]]. Estas moedas indican períodos de crise económica ou de axitación. Por exemplo, é difícil recoñecer os emperadores nas moedas das últimas décadas antes da [[Decadencia do Imperio Romano|caída do Imperio occidental]] en [[476]]: os [[ollo]]s aparecen adoito avultados, a [[cabeza]] desproporcionada, o [[nariz]] demasiado grande ou demasiado pequeno, etc.
 
Cómpre ter en conta, ademais, que os [[Casa de moeda|obradoiros monetarios]] estiveron amplamente espallados por todo o Imperio, e a súa propia localización tiña, en ocasións, un propósito propagandístico. A poboación informábase frecuentemente da coroación dun novo emperador cando o seu retrato aparecía reflectido nas moedas, e algúns dos que exerceron o seu cargo durante pouco tempo aseguráronse de que isto se producise. Por exemplo, [[Quieto]], un usurpador contra [[Galieno]] que exerceu só uns meses entre o [[260]] e o [[261|261 d. C.]], apresurouse a emitir dúas moedas coa súa imaxe.
 
Algúns emperadores, mesmo, ordenaron a [[cuñaxe]] de grandes moedas de ouro de prestixio (coñecidas no ámbito [[Numismática|numismático]] como "medallóns"), con valores de múltiplos do áureo (de 2 a 10 áureos), destinadas non á circulación senón á súa distribución en homenaxe aos grandes dignatarios do Imperio que fixesen os méritos suficientes.<ref>Mélida Alinaeri, J. R.; Vives Escudero, A. "[http://www.cervantesvirtual.com/obra/medallon-de-oro-de-augusto--0/ Medallón de oro de Augusto del año 27 a. de J. C.]". En ''Boletín de la Real Academia de la Historia''. Tomo 79. 1921</ref><ref>"[http://www.man.es/man/dms/man/actividades/pieza-del-mes/historico/2009-tesoro-a-tesoro-II/6-junio--2-/MAN-Pieza-mes-2009-06-Cuaternion-Augusto.pdf Cuaternión de Augusto]". Museo Arqueológico Nacional.</ref><ref>"[http://www.britishmuseum.org/research/collection_online/collection_object_details.aspx?objectId=1616647&partId=1&searchText=medallion+beaurains&place=34855&page=1 Arras medallion]". The British Museum. Collection online.</ref>
Liña 260:
 
== Etimoloxía monetaria ==
* A cuñaxe de moeda na cultura romana, que comeza arredor do século IV a. C., influíu significativamente no desenvolvemento posterior da fabricación de moeda en Europa. A orixe da propia palabra galega "moeda", e tamén das inglesas ''money'' ("diñeiro") e ''mint'' ("[[Casa de moeda|casa da moeda]]") relaciónase coa cuñaxe de moeda de prata en Roma no ano [[-269|269 a. C.]], na contorna do templo de [[Xuno (deusa)|Xuno Moneta]].<ref>"[http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/14002996/helvia/aula/archivos/repositorio/250/263/html/Nomisma/sis/sis.htm#avisos Los avisos de Juno Moneta]". En ''Adminicvla Nomisma''.</ref>
* A pabra latina ''pecus'' ("gando"), unidade orixinal do troco con anterioridade á aparición da moeda, é a orixe da palabra actual "pecuniario" e a súa [[familia léxica]].<ref>"[http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/14002996/helvia/aula/archivos/repositorio/250/263/html/Nomisma/sis/sis.htm#Pecus ''Pecus'' y ''pecunia'']". En ''Adminicvla Nomisma''.</ref>
* O termo grego ''nomos'' ("a lei") está na orixe de ''nomisma'' e da súa forma latina ''numisma'', o que implica que o diñeiro foi antes de nada un valor xurídico. A familia léxica de "[[numismática]]" ten aí a súa orixe.