Clodoveo I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 32:
O bispo de [[Reims]], o futuro [[San Remi]], buscaba quizais a protección dunha autoridade forte para o seu pobo. Os contactos foron numerosos entre o rei e o bispo; este último incita ao rei a protexer aos cristiáns que habitan no seu territorio. Grazas ao seu carisma e quizais en razón da autoridade que el mesmo representaba, Remi soubo facerse respectar por Clodoveo e serviulle mesmo de conselleiro. Incitouno notabelmente a pedir a man da princesa [[Clotilde]], unha princesa cristiá de alta liñaxe, filla do rei dos [[burgundios]]. O matrimonio tivo lugar en [[492]], probabelmente na localidade de Soissons.
 
Desde entón, Clotilde fixo todo para convencer ao seu esposo de que se convertese ao cristianismo. Ao principio, Clodoveo foi reticente, dubidaba da existencia dun Deus único, ademais a morte prematura do seu primeiro fillo quen habería de ser bautizado cristiamente, non fixo máis que agrandar a súa desconfianza. Por outra banda, se aceptaba converterse ao cristianismo, podería perder o apoio do seu pobo aínda pagán; ademais debía ter tamén o apoio do clero galo-romano xa que este último tiña unha grangrande influencia sobre a poboación gala.
 
É finalmente durante a [[batalla de Tolbiac]] contra os [[alamáns]] cara ao ano 496 cando o destino borra as dúbidas de Clodoveo. Mentres que se atopaba loitando contra os alamáns co fin de estender o seu territorio cara ao leste, o seu exército atopábase case vencido. Non sabendo a que outro deus pagán rezarlle, Clodoveo ora entón a Cristo e promételle que se gaña a batalla se había converter ao cristianismo. No medio da batalla, cando o mesmo Clodoveo se atopaba acurralado e a piques de ser capturado, o xefe alamán é morto por unha frecha, o que fixo que o seu exército fose á deriva e fuxise en pánico. A vitoria foi entón obtida por Clodoveo e o Deus dos cristiáns.