Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Século XX de Galicia" pola categoría "Século XX en Galicia"; cambios estética
Liña 6:
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 en Arxentina). Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española e arxentina. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous que foron criados por María Novo García, curmán de Foucellas: Benigno e Carmen que vivían en [[Ru, Vilasantar, Vilasantar|Ru]], [[Vilasantar]].<ref>{{cita web|url=http://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com/2014/04/memorial-democratico-andrade.html|título=Memorial democrático [ANDRADE]}}</ref> Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas medía 1,67 metros de estatura, tiña o pelo negro, ollos castiñeiro, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Segundo descrición da Garda Civil.
 
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>Redondo Abal, F. X. (2006): ''Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)''. Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>. Foi condeado en [[consello de guerra sumarísimo]] a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de [[Francisco Franco|Franco]], [[Carmen Franco]]. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".
 
== Traxectoria ==
Liña 18:
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado|Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en [[Galicia]]. O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel López Bello, en Curtis. Días despois Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo a cabalo. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]] ver o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para [[Pontevedra]], para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da [[Garda Civil]] tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
 
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en [[Valladolid]], a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref> Con 16 anos trala morte da súa avoa exilouse en París.
 
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|Mauser de Foucellas modelo 1910 e calibre 7, no Museo Militar da Coruña.]]
Liña 34:
A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do [[Museo Militar Rexional da Coruña]], onde se expón o seu fusil.
 
== Galería de imaxes ==
{{Galería
|lines=3
Liña 77:
 
{{ORDENAR:Andrade Garcia, Benigno}}
 
[[Categoría:Sindicalistas da CRG]]
[[Categoría:Século XX deen Galicia]]
[[Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Mesía]]