Tratado de Londres de 1915: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 143:
 
== Acontecementos posteriores ==
En [[Asia Menor]], os gregos aproveitaron a ausencia italiana na primavera para lograr que fosen as súas tropas as enviadas a Esmirna, situación que os italianos aceptaron tras débiles protestas ao seu regreso á conferencia de paz.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=376}} Polo [[Tratado de Sèvres]] asinado o {{data|10|8|1920}}, Italia viu recoñecida a posesión do [[Dodecaneso]] e concedéuselle unha zona de influencia en Anatolia, que se correspondía aproximadamente á definida nos acordos de St. Jean de Maurienne, salvo nos arredores de Esmirna.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=377}} Italia, insatisfeita co resultado, apresurouse a mostrar a súa simpatía a [[Mustafá Kemal]] axiña que como xurdiu o movemento nacionalista, evitando apoiar ás tropas gregas.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=377}} No [[Tratado de Lausana]], que puxo fin á guerra, Italia conservou a posesión do Dodecaneso.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=377}}
 
En África, mencionada nos artigos 10 e 13 do Tratado de Londres,{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=377}} Italia logrou a concesión final de Libia por parte do sultán otomán no Tratado de Sèvres, tras haber ter que reconquistarreconquistado o territorio, controlado precariamente, en 1919.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=377}}
 
As colonias alemás, pola súa banda, foron repartidas como mandatos durante a ausencia italiana, saíndo o Reino Unido moi beneficiado, seguido de Francia.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=377}} Italia esixiu ser compensada,{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=378}} pero aceptou a repartición realizada.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=379}} Quedou entón a posibilidade de rectificacións fronteirizas, que se decidiu debían negociarse de forma bilateral entre Italia por unha banda e Francia e o Reino Unido pola outra.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=379}} O {{data|12|9|1919}}, Francia e Italia alcanzaban un acordo, que cedía certos salientes da fronteira entre Libia e as colonias francesas aos italianos.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=379}} En 1925 produciuse a firma do acordo con Gran Bretaña no que Italia logrou a fronteira que desexaba entre Libia e Exipto.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=380}}