Tratado de Londres de 1915: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
→‎Negociacións italianas: formato das datas
Liña 30:
 
== Negociacións italianas ==
O {{data|[[16|10| de outubro]] de [[1914}}]], morreu o principal ministro do gabinete de [[Antonio Salandra]] e este caeu a finais de mes; foi reconstituído o {{data|5|11|1914}} coa presenza do novo ministro de Asuntos Exteriores [[Sidney Sonnino]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=271}} De ideas claras e moderado, Sonnino mostrouse partidario da inclusión do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] na [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] desde o comezo.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=271}} Xa no verán de 1914 defendera a entrada en guerra de Italia ao lado dos [[Imperios Centrais]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=271}} En novembro, aínda inseguros da súa duración no cargo, o primeiro ministro e o seu ministro de Asuntos Exteriores mostráronse moi cautos cara aos bandos enfrontados.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=272}} Malia unha campaña de prensa a favor da inclusión de [[Istria]] e [[Dalmacia]] (cun 96 % de poboación eslava na segunda e un 54 % na primeira){{sfn|Seton-Watson|1926|p=272}} o Goberno non esixiu a súa entrega, aínda que o diario de Sonnino, o ''[[Giornale d'Italia]]'', mostrouse favorable aos irredentistas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=273}}
 
[[Ficheiro:SidneySonnino28372v.jpg|O ministro de Asuntos Exteriores italiano, [[Sidney Sonnino]], que levou a cabo negociacións secretas en paralelo cos dous bandos enfrontados na [[primeira guerra mundial]], e asinou finalmente o Tratado de Londres coa [[Tripla Entente|Entente]].|miniatura|dereita|200px]]
O {{data|[[3|12| de decembro]] de [[1914}}]], o Goberno recibiu o respaldo do parlamento e Sonnino decidiu pasar á acción, ordenando ao embaixador italiano en [[Viena]], o duque de Avarna, que reclamase compensacións territoriais ao [[Imperio austrohúngaro]] de acordo ao artigo VII do pacto da Tripla Alianza.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=273}} O Goberno de Viena non respectara as cláusulas do tratado de alianza, que estipulaban a consulta ao resto de aliados antes do comezo de operacións militares e a compensación a Italia en caso de vantaxes nos Balcáns para Austria-Hungría, e permitira así que o Goberno de Roma puidese manter a neutralidade na guerra.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=364}} Unha vez quedou clara a imposibilidade dunha rápida vitoria austro-xermana, Italia decidiu negociar cos dous bandos para lograr o maior beneficio posible da situación.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=365}}
 
O {{data|[[24|12| de decembro]] de [[1914}}]], tras un tiroteo no porto de [[Vlorë|Valona]], a cidade foi ocupada por tropas italianas, teoricamente para protexer aos residentes italianos.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=274}} Sonnino apresurouse a asegurar aos austrohúngaros que a ocupación sería temporal, para evitar que á súa vez esixisen compensacións territoriais como el mesmo estaba facendo polo ataque ao [[Reino de Serbia]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=274}}
 
Aínda que Sonnino apoiaba a campaña de prensa que reclamaba a entrega de Dalmacia ao [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]], o Goberno non esixía aínda a súa entrega, usando a publicidade simplemente para que o Goberno vienés accedese a entregar o [[Trentino]] e [[Trieste]], os seus verdadeiros obxectivos naquel momento.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=275}} As conversacións entre Sonnino e o embaixador austrohúngaro Macchio non lograron os seus froitos{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=365}} xa que este último utilizou unha táctica dilatoria para atrasar as posibles compensacións territoriais a Italia.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=275}}
Liña 41:
O ministro de Asuntos Exteriores austrohúngaro, o conde [[Leopold Berchtold]], foi entón substituído polo húngaro [[Stephan Burián]], amigo e protexido do primeiro ministro húngaro [[István Tisza]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=276}} Berchtold mostrouse contrario ás indicacións alemás de acceder ás peticións territoriais italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=276}} Burián mantivo a mesma actitude do seu predecesor, convencido de que as ameazas de Sonnino eran un farol.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=276}}
 
O {{data|[[17|2| de febreiro]] de [[1915}}]], Sonnino esixiu ter dereito a veto sobre as operacións militares austrohúngaras nos [[Balcáns]] a menos que o Goberno de Viena cedese ás reclamacións italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=277}} A delicada situación da [[Fronte Oriental (primeira guerra mundial)|fronte oriental]], a epidemia de [[tifo]] que acababa de estalar na península balcánica e a actitude de Sonnino detiveron as operacións militares de Viena durante os primeiros meses de 1915.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=277}} [[Imperio alemán|Alemaña]] redobrou as súas presións sobre o Goberno austrohúngaro para satisfacer aos italianos.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=278}}
 
O {{data|[[9|3| de marzo]] de [[1915}}]], Burián comunicou ao embaixador italiano a súa disposición a negociar a cesión de territorio austrohúngaro, ao cal o seu Goberno se tiña negado ata entón.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=278}}
 
[[Ficheiro:Sergei Dmitrijewitsch Sasonow.jpg|[[Serguei Sazonov]], ministro de Asuntos Exteriores ruso e principal opositor ás esixencias italianas para entrar na guerra do bando da [[Tripla Entente]] polos seus efectos adversos para as aspiracións eslavas nos [[Balcáns]].|miniatura|esquerda|200px]]
Mentres e secretamente, con todo, Sonnino dera instrucións ao embaixador italiano en [[Londres]], o marqués Imperiali, para que comezase as conversacións coa [[Tripla Entente]] e expuxese as condicións nas que Italia estaba disposta a entrar na guerra do seu lado.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=280}} Sonnino mostrouse especialmente interesado en manter secretas estas conversacións paralelas e en ocultalas ao Goberno serbio.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=280}} A partir dese momento, Sonnino mantivo negociacións paralelas cos dous bandos enfrontados. As esixencias italianas presentáronse a lord [[Edward Grey|Grey]] o [[4 de marzo]].{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=365}}
 
Serbia e os representantes do [[Comité Iugoslavo]] acabaron decatándose dos manexos de Sonnino, e tiveron no ministro de Asuntos Exteriores ruso,{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=365}} [[Serguei Sazonov]], ao seu mellor adaíl.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=282}} Italia explicou o seu desexo de obter Dalmacia non pola súa poboación italiana, senón por razóns estratéxicas, para controlar o [[mar Adriático]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=282}} Durante as seguintes semanas, Sazonov mostrouse contrario ás esixencias italianas, que consideraba excesivas,{{sfn|Seton-Watson|1926|p=283}} mentres que os Gobernos francés e británico mostraban a súa impaciencia porque Italia entrase canto antes na contenda, crendo que a súa participación lles daría a vitoria.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=284}}
 
O {{data|[[29|3| de marzo]] de [[1915}}]], o Goberno italiano renunciou por fin a conseguir [[Split]], o que os franceses utilizaron para premer aos rusos e empuxalos a aceptar o resto de reclamacións italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=284}} Sazonov, con todo, non accedeu, considerando estas contrarias ao principio de nacionalidade polo que en principio estaban combatendo.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=285}} A opinión pública rusa preocupábase polo destino das poboacións eslavas e especialmente pola serbia, e o ministro de Asuntos Exteriores ruso cría que non aceptaría as concesións que Italia esixía.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=285}}
 
O {{data|[[1|5| de maio]] de [[1915}}]], [[Edward Grey]] foi relevado nas negociacións por [[Herbert Henry Asquith]] por parte británica.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=286}}
 
Mentres, as negociacións con Viena atoparon un novo escollo: a esixencia italiana de que os territorios cedidos fosen entregados de inmediato ({{data|[[21|3| de marzo]] de [[1915}}]]) e non tras o final da guerra, como propoñían os austrohúngaros.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=286}} O {{data|[[27|3| de marzo]] de [[1915}}]], Burián comunicou ao embaixador italiano que o [[Francisco Xosé I de Austria|emperador]] accedera a entregar o [[Trentino]] a cambio da neutralidade italiana e a súa aquiescencia ás campañas austrohúngaras nos [[Balcáns]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=287}} O {{data|[[8|5| de maio]] de [[1915}}]], Sonnino respondeu á proposta cun memorando de once artigos coas reclamacións italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=287}}
 
Mentres tanto, entre marzo e abril, aceleráronse os preparativos militares en Italia.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=287}} En Londres, Asquith redactaba unha proposta que reflectía a postura rusa, como última oferta para os italianos.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=289}} O 9, ante a falta de acordo, volveu presentar unha proposta pola que Italia conseguía a costa dálmata entre Zara e o cabo Planka,{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=366}} [[Korčula|Curzola]] e as súas illas menores, e a desmilitarización da costa{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=366}} entre Planka e [[Cattaro]], salvo a que se entregaría a Serbia.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=289}} O 14, o marqués Imperiali aceptou esta oferta, renunciando á península de [[Pelješac|Sabioncello]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=290}} Soamente reclamou que non se erixisen fortificacións nas proximidades de Cattaro, mentres que Sazonov aceptou que a representación internacional de [[Albania]] quedase en mans italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=290}} Seguiu esixindo, con todo, que continuasen as negociacións sobre certos detalles.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=290}}
Liña 60:
[[Terceira República Francesa|Francia]] e o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]] premeron entón ao tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao]], que ordenou ceder a Sazonov, malia a súa opinión sobre o correcto do pacto.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=290}} O {{data|21|4|1915}}, Sazonov indicou ao embaixador ruso no Reino Unido que rubricase o acordo.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=290}}
 
O {{data|[[16|3| de marzo]] de [[1915}}]], o Goberno austrohúngaro respondeu ás esixencias italianas, de xeito en xeral negativo.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=287}} Ante isto, o pacto coa Entente asinouse o {{data|[[26|5| de maio]] de [[1915}}]] en Londres, comprometéndose o [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] a entrar en guerra inmediatamente contra o Imperio austrohúngaro e o [[Imperio alemán|alemán]] e a non asinar unha paz por separado.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=291}}
 
== Repartimento dos territorios ==