Tratado de Londres de 1915: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
|cita =
}}
O '''Tratado de Londres''' (en [[Idioma inglés|inglés]] ''Treaty of London'' e en [[Idioma italiano|italiano]] ''Patto di Londra''), foi firmado en Londres o [[24 de abril]] de [[1915]]. Por el, [[Reino de Italia (1861-1946)|Italia]] entrou na [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]] do lado da [[Tripla Entente|Entente]]. O tratado era secreto e os países asinantes foron: O [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]], [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]], [[Terceira República Francesa|Francia]] e o [[Imperio ruso]].
 
Segundo o tratado, Italia recibiría as zonas habitadas por italianos no [[Imperio austrohúngaro]], gran parte da costa [[Dalmacia|dálmata]] e o resto dos territorios balcánicos do Imperio austrohúngaro repartiríase entre tres Estados independentes: o [[Reino de Serbia]], o [[Reino de Montenegro]] e [[Croacia]].{{sfn|Sepic|1968|p=29}}
Liña 32:
O {{data|16|10|1914}}, morreu o principal ministro do gabinete de [[Antonio Salandra]] e este caeu a finais de mes; foi reconstituído o {{data|5|11|1914}} coa presenza do novo ministro de Asuntos Exteriores [[Sidney Sonnino]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=271}} De ideas claras e moderado, Sonnino mostrouse partidario da inclusión do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] na [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] desde o comezo.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=271}} Xa no verán de 1914 defendera a entrada en guerra de Italia ao lado dos [[Imperios Centrais]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=271}} En novembro, aínda inseguros da súa duración no cargo, o primeiro ministro e o seu ministro de Asuntos Exteriores mostráronse moi cautos cara aos bandos enfrontados.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=272}} Malia unha campaña de prensa a favor da inclusión de [[Istria]] e [[Dalmacia]] (cun 96 % de poboación eslava na segunda e un 54 % na primeira){{sfn|Seton-Watson|1926|p=272}} o Goberno non esixiu a súa entrega, aínda que o diario de Sonnino, o ''[[Giornale d'Italia]]'', mostrouse favorable aos irredentistas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=273}}
 
[[Ficheiro:SidneySonnino28372v.jpg|O ministro de Asuntos Exteriores italiano, [[Sidney Sonnino]], que levou a cabo negociacións secretas en paralelo cos dous bandos enfrontados na [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]], e asinou finalmente o Tratado de Londres coa [[Tripla Entente|Entente]].|miniatura|dereita|200px]]
O {{data|3|12|1914}}, o Goberno recibiu o respaldo do parlamento e Sonnino decidiu pasar á acción, ordenando ao embaixador italiano en [[Viena]], o duque de Avarna, que reclamase compensacións territoriais ao [[Imperio austrohúngaro]] de acordo ao artigo VII do pacto da Tripla Alianza.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=273}} O Goberno de Viena non respectara as cláusulas do tratado de alianza, que estipulaban a consulta ao resto de aliados antes do comezo de operacións militares e a compensación a Italia en caso de vantaxes nos Balcáns para Austria-Hungría, e permitira así que o Goberno de Roma puidese manter a neutralidade na guerra.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=364}} Unha vez quedou clara a imposibilidade dunha rápida vitoria austro-xermana, Italia decidiu negociar cos dous bandos para lograr o maior beneficio posible da situación.{{sfn|Albrecht-Carrie|1939|p=365}}
 
Liña 41:
O ministro de Asuntos Exteriores austrohúngaro, o conde [[Leopold Berchtold]], foi entón substituído polo húngaro [[Esteban Burián]], amigo e protexido do primeiro ministro húngaro [[Esteban Tisza]].{{sfn|Seton-Watson|1926|p=276}} Berchtold mostrouse contrario ás indicacións alemás de acceder ás peticións territoriais italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=276}} Burián mantivo a mesma actitude da súa predecesor, convencido de que as ameazas de Sonnino eran un farol.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=276}}
 
O {{data|17|2|1915}}, Sonnino esixiu ter dereito a veto sobre as operacións militares austrohúngaras nos [[Balcáns]] a menos que o Goberno de Viena cedese ás reclamacións italianas.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=277}} A delicada situación do [[Fronte Oriental (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)|fronte oriental]], a epidemia de [[tifo]] que acababa de estalar na península balcánica e a actitude de Sonnino detiveron as operacións militares de Viena durante os primeiros meses de 1915.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=277}} [[Imperio alemán|Alemaña]] redobrou as súas presións sobre o Goberno austrohúngaro para satisfacer aos italianos.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=278}}
 
O {{data|9|3|1915}}, Burián comunicou ao embaixador italiano a súa disposición a negociar a cesión de territorio austrohúngaro, ao que ata entón o seu Goberno negouse.{{sfn|Seton-Watson|1926|p=278}}