Tratado de Londres de 1915: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 65:
 
==Repartimento dos territorios==
[[Ficheiro:TratadoDeLondresTerritoriosParaItalia.svg|Territorios prometidos a Italia segundo o Tratado de Londres e fronteira final tralas negociacións de posguerra para o periodo de entreguerras (1924-1941).|miniatura|dereita|upright=3]]
Segundo o acordo, Italia recibiría:
 
# O [[Provincia autónoma de Bolzano|Tirol]] ata a separación de cuncas, situada nos [[Alpes]], que incluía as provincias do [[Trentino-Alto Adigio]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=291}}{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}
# [[Trieste]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=291}}
# O condado de [[Gorizia|Gorizia e Gradisca]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=291}}
# [[Istria]], sen [[Rijeka|Fiume]] (Rijeka).{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}
# Parte de [[Carniola]] (os distritos de [[Vipava]], [[Idrija]] e [[Ilirska Bistrica]], excluíndo [[Postojna]]).
# O norte de [[Dalmacia]], incluíndo [[Zadar|Zara]] ({{lang-hr|Zadar}}) e a maioría das illas do [[mar Adriático]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=291}}
# O arquipélago do [[Dodecaneso]],{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=292}} controlado desde a [[guerra ítalo-turca]] de 1911-1912.{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}
# [[Vlorë]] (en italiano: Valona).{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=292}}{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}
# O control da política exterior da nova [[Albania]], reducida pola partición da maioría do territorio entre o [[Reino de Serbia]] e [[Reino de Grecia]].{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}
# Parte das colonias alemás en África e Asia, no caso de que Francia e Reino Unido obtivesen novas colonias.{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=292}}{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=367}} Confirmábase ademais a posesión italiana de [[Libia italiana|Libia]].{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=367}}
# [[Provincia de Antalya|Antalya]], no caso de que se repartise [[Asia Menor]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=292}}{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=367}}
 
Cos cambios fronteirizos propostos entre Italia e o Imperio, baseados tanto na unión dos italianos do [[Imperio austrohúngaro]] como en razóns de defensa estratéxica,{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=365}} aquela recibía unha minoría de preto dun cuarto de millón de alemáns e tres cuartos de millón de eslavos.{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}} As ganancias territoriais no Adriático garantían tamén o control do mesmo, unha das aspiracións italianas.{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}} As concesións ao [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] agrúpanse en catro sectores, definidos con precisión variable:{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=368}}
* O Noroeste, onde as peticións italianas quedaran satisfeitas.
* O Adriático e os Balcáns, onde Italia había ter que realizar algunhas concesións.
* Asia Menor, onde as concesións eran máis xerais e menos definidas.
* África, onde a ambigüidade das cláusulas era maior.
 
A [[Reino de Serbia|Serbia]] prometéuselle:
# A costa [[Dalmacia|dálmata]] entre [[Krka]] e [[Ston]], incluíndo a península de [[Pelješac]] (en italiano: Sabbioncello), o porto de [[Split]] (en italiano: Spalato), e a illa de [[Brač]] (en italiano: Brazza).
 
A [[Reino de Montenegro|Montenegro]] adxudicábanselle:
# A costa [[Dalmacia|dálmata]] entre [[Budva]] e [[Ston]], incluíndo [[Dubrovnik|Ragusa]] e a baía de [[Kotor]] ({{lang-it|Cattaro}}, desmilitarizado{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}), excluíndo a península de [[Pelješac]].
# A costa sur, ata o porto albanés de [[Shëngjin]] (en italiano: San Giovanni dei Medua).
 
Así mesmo, aínda que sen moito detalle, prometeuse ao [[Reino de Serbia]]:
# [[Bosnia e Herzegovina]].
# [[Syrmia|Srem]].
# [[Bačka]].
# [[Eslavonia]] (malia os reparos italianos).
# Partes de Albania, que quedaría dividida entre o [[Reino de Serbia]], o [[Reino de Montenegro]] e o [[Reino de Grecia]], sen detallar.
 
A cidade adriática de [[Fiume]], obxecto de duras disputas na posguerra entre Italia e Iugoslavia, quedaba asignada «a Croacia, Serbia e Montenegro».{{harvnp|Albrecht-Carrie|1939|p=366}}
 
Os italianos reclamaron que a posesión da costa entre Zara e Istria decidísese trala guerra, ao que accederon os países da Entente. Ademais, insistiron en que non debía comunicarse o acordo a Serbia,{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=292}} cousa que non lograron, pois a Entente enviou unha nota oficial sobre o mesmo o {{data|4|8|1915}} na que se indicaban as súas ganancias territoriais que recibiría ao terminar a guerra. A finais de abril de 1915, partidarios de Iugoslavia en Gran Bretaña xa coñecían a grandes liñas as características do acordo, grazas ás confidencias de Sazonov, obtidas por [[Frano Supilo]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=293}}
 
Sonnino, malia asinar o pacto coa Entente, alargou as negociacións con Viena.{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=293}} O {{data|3|5|1915}}, o embaixador austrohúngaro en [[Roma]] decatouse da conclusión das negociacións coa Entente e avisou a Burián, que tratou de mellorar a súa oferta anterior aos italianos, pero demasiado tarde: o mesmo día Sonnino rescindía a alianza cos [[Imperios Centrais]].{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=294}} Aínda así recibiu a Macchio o 6, mostrándose disposto a comunicar as súas propostas ao gabinete.{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=294}}
 
A poboación, inflamada repentinamente de nacionalismo, forzou ao Parlamento, favorable a manter a neutralidade do país, a aprobar o pacto coa Entente, o que fixo caer ao gabinete de Salandra o {{data|13|5|1915}}.{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=295}} Rexeitada a renuncia polo rei, o parlamento se avino a aceptar o Tratado e a conceder plenos poderes ao Goberno o {{data|20|5|1915}}, por ampla maioría.{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=295}}
 
O {{data|23|5|1915}}, declarábase a guerra ao [[Imperio austrohúngaro]], aínda que non cos resultados esperados polos Aliados.{{harvnp|Seton-Watson|1926|p=295}}
 
O pacto, que debía permanecer en segredo, foi publicado polos [[bolxevique]]s rusos tralo seu toma do poder no diario [[Izvestia]], en novembro de 1917.
 
==Clarificación: o acordo de St. Jean de Maurienne==
 
== Notas ==