KLM: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 52:
 
O [[25 de xullo]] de [[1957]] a aeroliña introduciu o seu simulador de voo para o [[Douglas DC-7C]], o derradeiro avión con motores de pistón de KLM, que abriu a ruta traspolar dende Ámsterdam a [[Toquio]] vía [[Anchorage]] o [[1 de novembro]] de [[1958]].<ref name=":1" /> Cada tripulación que realizaba a ruta traspolar sobre o [[Ártico]] estaba equipada cun kit de supervivencia de inverno que incluía unha carabina de fogo selectivo AR-10 de 7,62 mm para usar contra osos polares, no caso de que o avión se vise forzado a aterrar no xeo polar.
 
=== Era dos reactores ===
[[Ficheiro:McDonnell Douglas DC-8-63, KLM - Royal Dutch Airlines AN0999140.jpg|miniatura|260x260px|[[Douglas DC-8]]]]
O catrimotor [[turbohélice]] [[Vickers Viscount|Vickers Viscount 800]] foi introducido en rutas europeas en 1957. En setembro de [[1959]] KLM incorporou o tamén catrimotor turbohélice [[Lockheed L-188 Electra]] nalgunhas das súas rutas en Europa e [[Oriente Medio]]. En marzo de [[1960]] a aeroliña introduciu o primeiro reactor [[Douglas DC-8]] na súa frota.<ref name=":1" /> En [[1961]] informou do seu primeiro ano de perdas.<ref name=":0" /> Ese ano o presidente da aeroliña Fons Aler foi substituído por Ernst van der Beugel. Porén, este cambio non cambiou os problemas financieiros de KLM. Van der Beugel renunciou á presidencia en [[1963]] debido a razóns de saúde.<ref>{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1963/1963%20-%200045.html|páxina-web=Flight International|título=KLM Directors Resign|data-acceso=2018-12-03}}</ref> Horatius Albarda foi nomeado para substituír a Ernst van der Beugel como presidente de KLM ese mesmo ano. Alberda iniciou unha reorganización da compañía que levou á reducción do persoal e dos servizos aéreos.<ref name=":0" /> En [[1965]] Alberda morreu nun accidente aéreo e foi sucedido por Gerrit van der Wal.<ref>{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1965/1965%20-%201472.html|páxina-web=Flight International|título=Death of KLM president|data-acceso=2018-12-03}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1965/1965%20-%201900.html|páxina-web=Flight International|título=New KLM president|data-acceso=2018-12-03}}</ref> Van der Wal chegou a un acordo co goberno neerlandés para que KLM fose dirixido novamente como unha compañía privada. En [[1966]] a participación do goberno reducíuse ao 49,5%.<ref name=":0" /> Ese mesmo ano KLM introduciu o [[Douglas DC-9]] nas rutas de Europa e Oriente Medio.
 
Os novos edificios das terminais no [[aeroporto de Ámsterdam-Schiphol]] inauguráronse en abril de [[1967]], e en [[1968]] entrou en servizo o alongado Douglas DC-8-63 ("Super DC-8").<ref name=":1" /> Con 244 asentos, era o avión de pasaxeiros máis grande da época. KLM foi a primeira aeroliña en usar o [[Boeing 747|Boeing 747-200B]], impulsado por motores [[Pratt & Whitney JT9D]], en febreiro de [[1971]];<ref>{{Cita web|url=http://www.aircraft-commerce.com/sample_articles/sample_articles/owners_guide.pdf|páxina-web=Aircraft Commerce|título=Aircraft owner's and operator's guide: 747-200/-300|data-acceso=2018-12-03}}</ref> este modelo iniciou o uso de avións de fuselaxe ancha por parte de KLM.<ref name=":1" /> En marzo de 1971 KLM inaugurou a súa actual sede en [[Amstelveen]].<ref name=":1" /> En [[1972]] a compañía mercou o primeiro de varios [[McDonnell Douglas DC-10]], a resposta de [[McDonnell Douglas]] ao Boeing 747.<ref name=":0" />
 
En [[1973]] Sergio Orlandini foi nomeado para suceder a Gerrit van der Wal como presidente de KLM.<ref name=":0" /><ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20130705020245/http://www.tca.viscal.net/klm/history/histo-1969-1978.htm|data=2013-07-05|título=TCA-KLM: History (1969-1978)|data-acceso=2018-12-03}}</ref> Na época, KLM, ao igual que outras aeroliñas, tivo que lidiar co exceso de capacidade. Orlandini propuxo converter os 747 de KLM en "combis" que puidesen levar unha combinación de pasaxeiros e carga nunha configuración mixta na cuberta principal do avión.<ref name=":0" /> En novembro de [[1975]] o primeiro deses Boeing 747-200B Combi foi engadido á frota de KLM. A xa aeroliña operara anteriormente o DC-8 cunha configuración combinada para pasaxeiros e carga.
 
A crise do petróleo de 1973, que causou dificultades financieiras, levando a KLM a buscar axuda no goberno para organizar o financiamento da débeda. A compañía aérea emitiu accións adicionais de accións ao goberno a cambio dos seus cartos. A finais dos 70 a participación do goberno aumentou ata ter unha maioría do 78%, renacionalizanfo a aeroliña.<ref name=":0" /> A xestión da compañía permaneceu baixo o control de accionistas privados.<ref name=":1" />
 
== Frota ==