Gonzalo López Abente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
== Traxectoria ==
Foi fillo de Francisco López García, capitán da mariña mercante e [[armador]], e Xulia Abente Lago. Estaba emparentado por liña materna con [[Eduardo Pondal]], pois Gonzalo era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o [[bacharelato]] en [[Santiago de Compostela]] rematando en [[1893]] e despois a carreira de [[Dereito]], licenciándose en [[1899]]. Viaxou por [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Países Baixos]], pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios. Colaborou na prensa local e comarcal e chegou a dirixir ''[[El Eco de Mugía]]''. En 1909 casou con Balbina Abente Myszkovski —filla do seu tío [[Victorino Abente Lago]]— que finou ao dar a luz]] en 1910, con vinte e seis anos de idade.<ref name="BIOFUNDACION">[http://lopezabente.org/abente/index.php/L%C3%B3pez_Abente Biografía. Fundación Lopez Abente]</ref>
 
Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á [[Guerra civil española|guerra civil]] (''Escuma na ribeira'', ''Alento de raza'' e ''D'Outono'') na escola do "Poeta da Raza", [[Ramón Cabanillas]]. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d' ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' coa novela ''O deputado de Beiramar''. O [[20 de febreiro]] de [[1921]], estreou a súa única [[peza teatral]], ''María Rosa'', correndo a representación a cargo do [[Cadro de Declamación]] das [[Irmandades da Fala]] da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática [[Feminismo|feminista]].