Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 60:
Vitoria describiría máis tarde a súa infancia como «bastante melancólica».<ref>Hibbert, p. 19; Marshall, p. 25</ref> A súa nai era moi protectora, polo que tivo unha educación illada, lonxe doutros nenos da súa idade, seguindo o chamado «[[sistema Kensington]]», un conxunto de regras e protocolos elaborados pola duquesa e o seu ambicioso e dominante mordomo, sir [[John Conroy]], que segundo algúns rumores era amante da duquesa.<ref>Hibbert, p. 27; Longford, pp. 35–38, 118–119; St Aubyn, pp. 21–22; Woodham-Smith, pp. 70–72</ref> O sistema impedíalle atoparse con persoas que a súa nai e Conroy considerasen indesexables -un grupo que incluía gran parte da familia do seu pai- e tiña como obxectivo volvela débil e dependente deles.<ref>Hibbert, pp. 27–28; Waller, pp. 341–342; Woodham-Smith, pp. 63–65</ref> A duquesa evitaba a corte, pois lle chocaba que alí houbese fillos ilexítimos do rei,<ref>Hibbert, pp. 32–33; Longford, pp. 38–39, 55; Marshall, p. 19</ref> e tamén para mostrar a moralidade de Vitoria ao insistir no feito de que a súa filla evitase toda forma de indecencia sexual.<ref>Lacey, Robert (2006) ''Great Tales from English History'', Volume 3, Londres: Little, Brown, and Company, ISBN 0-316-11459-6, pp. 133–136</ref> Vitoria compartía cuarto coa súa nai, estudaba con titores privados de acordo cun horario regulado e pasaba as horas de lecer xogando coas súas bonecas e o seu [[toy spaniel inglés]], chamado Dash.<ref>Waller, pp. 338–341; Woodham-Smith, pp. 68–69, 91</ref> Aprendeu [[lingua francesa|francés]], [[lingua alemá|alemán]], [[lingua italiana|italiano]] e [[llingua latina|atín]],<ref>Hibbert, p. 18; Longford, p. 31; Woodham-Smith, pp. 74–75</ref> pero falaba [[lingua inglesa|inglés]] na casa.<ref>Longford, p. 31; Woodham-Smith, p. 75</ref>
 
En 1830 a duquesa de Kent e Conroy levaron a Vitoria ao centro de Inglaterra para visitar [[Malvern Hills]], deténdose en varios pobos e en casas de campo polo camiño.<ref>Hibbert, pp. 34-35</ref> Entre 1832 e 1835 realizaron viaxes semellantes. Para grangrande irritación do rei Guillerme, Vitoria foi recibida con moito entusiasmo en todos os lugares.<ref>Hibbert, pp. 35-39; Woodham-Smith, pp. 88-89, 102</ref> Guillerme considerou que esas viaxes reflectían unha ambición de realeza e temía que se empezase a ver a Vitoria como unha rival no canto de como unha herdeira.<ref>Hibbert, p. 36; Woodham-Smith, pp. 89-90</ref> A Vitoria non lle gustaban esas viaxes: as constantes aparicións públicas deixábana moi cansa e tiña pouco tempo para relaxarse.<ref>Hibbert, pp. 35-40; Woodham-Smith, pp. 92, 102</ref> A princesa acabaría opoñéndose a isto, e argumentaría que non lle gustaban ao rei, pero a súa nai ignorou as súas queixas por celos e obrigouna a continuar.<ref>Hibbert, pp. 38-39; Longford, p. 47; Woodham-Smith, pp. 101-102</ref> Mentres estaba en [[Ramsgate]], en outubro de 1835, Vitoria colleu unha forte febre, pero Conroy ignorouno e afirmou que as súas queixas eran fantasías infantís.<ref>Hibbert, p. 42; Woodham-Smith, p. 105</ref> Mentres Vitoria estaba enferma, Conroy e a duquesa intentaron que nomease a Conroy o seu secretario privado, pero a princesa negouse.<ref>Hibbert, p. 42; Longford, pp. 47?48; Marshall, p. 21</ref> Durante a súa adolescencia, Vitoria resistiu aos persistentes intentos por parte da súa nai e de Conroy para que este fóra o seu secretario.<ref>Hibbert, pp. 42, 50; Woodham-Smith, p. 135</ref> Cando chegou a raíña, acabou finalmente por apartalo da súa presenza, pero Conroy mantívose na casa da súa nai.<ref>Marshall, p. 46; St Aubyn, p. 67; Waller, p. 353</ref>
[[Ficheiro:Franz Xaver Winterhalter Queen Victoria.jpg|dereita|miniatura|Vitoria na súa mocidade.]]
 
Liña 92:
Vitoria seguiu eloxiando a Alberte trala súa segunda visita a Inglaterra en outubro de 1839. Alberte e Vitoria gustábanse e a raíña pediulle matrimonio o 15 de outubro de 1839, só cinco días logo da súa chegada a Windsor.<ref>Hibbert, pp. 107-110; St Aubyn, pp. 129-132; Weintraub, pp. 77-81; Woodham-Smith, pp. 182-184, 187</ref> Casáronse o 10 de febreiro de 1840 na capela real do [[palacio de St. James]], en Londres. Vitoria estaba totalmente namorada. Pasouse a primeira noite de casada con dor de cabeza, pero escribiu no seu diario:
 
{{cita|NUNCA, NUNCA pasei unha noite así. O meu QUERIDO, QUERIDO, QUERIDO Alberto [...] co seu grangrande amor e afecto fíxome sentir que estou nun paraíso de amor e felicidade, algo que nunca esperaba sentir. Colleume nos seus brazos e bicámonos unha e outra vez. A súa beleza, a súa dozura e a súa amabilidade -nunca poderei agradecer suficientes veces ter un marido así- [...] que me chama con nomes tenros como nunca antes chamáronme foi unha incrible bendición. Este foi o día máis feliz da miña vida.<ref>Hibbert, p. 123; Longford, p. 143; Woodham-Smith, p. 205</ref>|Vitoria I do Reino Unido}}
 
Alberte converteuse nun conselleiro político importante, así como no compañeiro da raíña, e substituíu a lord Melbourne como a figura dominante e influente na primeira metade da súa vida.<ref>St Aubyn, p. 151</ref> A nai de Vitoria tivo que abandonar o palacio e foi enviada a [[Ingestre House|Ingestre]] en [[Belgrave Square]]. Trala morte da princesa [[Augusta Sofía do Reino Unido]] en 1840, a nai recibiu as casas de [[Clarence House|Clarence]] e [[Frogmore House|Frogmore]].<ref>Hibbert, p. 265, Woodham-Smith, p. 256</ref> Coa axuda de Alberte, a relación entre nai e filla empezou a mellorar aos poucos.<ref>Marshall, p. 152; St Aubyn, pp. 174?175; Woodham-Smith, p. 412</ref>
Liña 98:
O [[10 de xuño]] de [[1840]], pouco despois da voda e con Vitoria embarazada do seu primeiro fillo, un mozo chamado [[Edward Oxford]] de 18 anos de idade, intentou asasinala cando estaba nun carruaxe acompañada polo príncipe Alberte camiño de casa da nai.<ref>{{cita web|título=El Imperio británico|url=http://www.uv.es/~ivorra/Historia/SXIX/1840.htm|editorial=Universidad de Valencia|autor=Carlos Ivorra|dataacceso=31 de decembro de 2012}}</ref> Oxford disparou dúas veces, pero ambas balas fallaron. Foi xulgado por alta traizón e considerado culpable, aínda que despois foi liberado por considerar que estaba tolo.<ref>Hibbert, pp. 421-422; St Aubyn, pp. 160-161</ref> Tralo incidente, a popularidade de Vitoria aumentou e esqueceuse a anterior crise.<ref>Woodham-Smith, p. 213</ref> A súa primeira filla, que tamén se chamou [[Vitoria, princesa do Reino Undio|Vitoria]], naceu o 21 de novembro de 1840. A raíña odiaba estar embarazada,<ref>Hibbert, pp. 130; Longford, p. 154; Marshall, p. 122; St Aubyn, p. 159; Woodham-Smith, p. 220</ref> pensaba que dar o peito era noxento <ref>Hibbert, p. 149; St Aubyn, p. 169</ref> e cría que os acabados de nacer eran feos.<ref>Hibbert, p. 149; Longford, p. 154; Marshall, p. 123; Waller, p. 377</ref> Aínda así, tería oito fillos máis con Alberte.
 
A casa de Vitoria estaba rexida pola que fora a súa institutriz durante a infancia, a baronesa [[Louise Lehzen]]. Lehzen fora unha grangrande influencia para Vitoria <ref>Woodham-Smith, p. 100</ref> e apoiouna contra o sistema Kensington.<ref>Longford, p. 56; St Aubyn, p. 29</ref> Con todo, Alberte cría que Lehzen era unha incompetente e que o seu desgoberno ameazaba a saúde da súa filla. Tras unha discusión entre Vitoria e Alberte, Lehzen foi xubilada e a súa relación tan próxima con Vitoria acabou.<ref>Hibbert, pp. 150?156; Marshall, p. 87; St Aubyn, pp. 171-173; Woodham-Smith, pp. 230-232</ref>
 
=== Descendencia ===
Liña 168:
A principios de 1855 o goberno de [[George Hamilton-Gordon|Aberdeen]], que substituíra ao de Derby, foi criticado polo mal uso das tropas británicas durante a [[Guerra de Crimea]] e caeu. Vitoria falou con Derby e Russell para formar un novo goberno, pero ningún dos dous tivo apoio suficiente e Vitoria tivo que nomear a Palmerston como novo primeiro ministro.<ref>Hibbert, pp. 227-228; Longford, pp. 245-246; St Aubyn, p. 297; Woodham-Smith, pp. 354-355</ref>
 
Napoleón III, que desde a guerra de Crimea converteuse no maior aliado británico,<ref>Reynolds, K. D. (2004; edición online de outubro de 2009) "Vitoria (1819?1901)", ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press</ref> visitou Londres en abril de 1855 e entre o 17 e o 28 de agosto dese mesmo ano, Vitoria e Alberte devolvéronlle a visita.<ref>Woodham-Smith, pp. 357-360</ref> Napoleón atopouse coa parella en [[Dunkerque]] e acompañounos a París. Visitaron a [[Exposición Universal de París de 1855|Exposición Universal]] (sucesora da [[GranGrande Exposición]] organizada polo príncipe Alberte en Londres en 1851) e a sepultura de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] en [[Os Inválidos]] (na cal foran colocados os seus restos mortais en 1840), e foron invitados de honor nun baile con 1200 invitados no [[palacio de Versalles]].<ref>[http://www.chateauversailles.fr/es/history/the-significant-dates/most-important-dates/1855-visit-of-queen-victoria 1855 visit of Queen Victoria, Château de Versailles] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140728115542/http://www.chateauversailles.fr/es/history/the-significant-dates/most-important-dates/1855-visit-of-queen-victoria |date=28 de xullo de 2014 }} {{fr}}.</ref>
 
O [[14 de xaneiro]] de [[1858]] un refuxiado italiano que vivía en Gran Bretaña intentou asasinar a Napoleón III cunha bomba fabricada en Inglaterra.<ref>Hibbert, pp. 241-242; Longford, pp. 280-281; St Aubyn, p. 304; Woodham-Smith, p. 391</ref> Isto provocou unha crise diplomática que desestabilizou o goberno e fixo que Palmerston dimitise. Derby volveu ser primeiro ministro.<ref>Hibbert, p. 242; Longford, p. 281; Marshall, p. 117</ref> Vitoria e Alberte estiveron presentes na apertura dunha nova base no porto militar francés de [[Cherburgo]] o [[5 de agosto]] de [[1858]], un intento por parte de Napoleón para asegurar a Gran Bretaña que o seu armamento estaba dirixido cara a outro lugar. Cando regresou a Inglaterra, Vitoria escribiu a Derby e reprendeulle polo débil estado da mariña real británica en comparación coa francesa.<ref>[http://www.nmm.ac.uk/collections/explore/object.cfm?ID=BHC0637 «Napoleon III Receiving Queen Victoria at Cherbourg»] (en inglés), 5 de agosto de 1858, [[National Maritime Museum]].</ref>