Diferenzas entre revisións de «Mao Tse Tung»

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
m (https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran)
Durante a década de [[1920]], Mao desenvolveu algunhas das súas teorías políticas, como a teoría da "loita de dúas liñas" no seo do Partido Comunista, xa formulada por Marx, Engels e Lenin. Fixo grandísimas contribucións na área da [[filosofía]], especialmente á dialéctica con obras como "Sobre a contradición". As súas ideas tiveron un grande impacto nas xeracións posteriores e afectaron significativamente ó resto do mundo.
 
Durante a década de 1950, Mao comezou a consolidar a súa visión particular da ideoloxía comunista, que en moitos aspectos afastábase do discurso dos fundadores do comunismo chinés. As ideas de Mao consolidaríanse como ideoloxía propia do Partido Comunista da China durante a época da ocupación xaponesa, entre 1938 e 1945. Á versión do comunismo inspirada por Mao denomínaselle, fóra da China, «[[maoísmo]]»; no uso do propio Partido Comunista da China, prefírese a designación «Pensamento de Mao Zedong». As ideas de Mao han ter unha grangrande influencia no desenvolvemento doutros movementos comunistas, particularmente en Asia, África e América Latina.<ref>Garner, William R. "The Sino-Soviet Ideological Struggle in Latin America", publicado en ''Journal of Inter-American Studies, Vol. 10, No. 2'' (abril de 1968), pp. 244-255. Despoñible no [http://links.jstor.org/sici?sici=0885-3118(196804)10%3A2%3C244%3ATSISIL%3E2.0.CO%3B2-G arquivo de JSTOR].</ref>
 
Unha das súas principais ideas era a visión dos campesiños como o motor da [[revolución]]. Tradicionalmente, as ideas [[Leninismo|marxistas-leninistas]] xiran ao rededor dos obreiros industriais como a forza que conduciría á revolución. Mao deuse conta de que este non era o caso da China, e que a revolución debíase desenvolver desde o campesiñado. Naquel entón, a China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, os cales acabarían apoiando as ideas de Mao.
Entre [[1957]] e [[1960]], Mao dirixe unha ambiciosa campaña de masas denominada ''[[Gran salto adiante]]'', política desarrollista que marcaba o distanzamento entre o comunismo chinés e o soviético. O ''Gran salto adiante'' foi un fracaso, e provocou unha [[Gran famenta China|gran famenta]], que se viu agravada por [[Catástrofe natural|catástrofes naturais]].
 
Entre [[1966]] e [[1969]], alentado por seguidores como [[Lin Biao]] e a súa propia esposa [[Jiang Qing]], promoveu unha nova campaña de mobilización social, a [[Revolución Cultural]], co obxectivo, segundo Mao, de profundar a construción do socialismo e impedir a restauración capitalista; no entanto, hai quen considera que, no fondo, os auténticos obxectivos da Revolución Cultural eran apartar do poder a [[Liu Shaoqi]], [[presidente da República Popular da China]], e a [[Deng Xiaoping]], [[Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista da China|secretario xeral do partido]], que o habían apartado do poder efectivo tralo fracaso do Gran salto adiante. Para iso, socavóu os apoios dos dirixentes do partido, creando estruturas de poder paralelas como comités revolucionarios e, de xeito especial, os «Gardas Vermellos», novos adoutrinados que «atacaban» a quen eran considerados reaccionarios ou contrarrevolucionarios. Mao acabaría, con todo, pedindo ao exército que acabase cos desmáns dos gardas vermellos, ante os crecentes actos de intimidación e violencia provocados por estes. En abril de [[1969]], o IX Congreso Nacional do Partido Comunista da China deu por concluída a [[Revolución Cultural]] e suspendéronse as actividades dos Gardas Vermellos. As loitas de poder que se sucederon a continuación levarían a unha situación de grangrande inestabilidade ata logo da morte de Mao, cando os reformistas liderados por Deng Xiaoping conseguirían facerse co poder.
 
Como líder ideolóxico do partido, a figura de Mao dominou a política e a sociedade da República Popular da China ata a súa morte o [[9 de setembro]] de [[1976]] en [[Pequín]].
O legado de Mao é obxecto de gran controversia. Moitos chinos consideran a Mao como un gran revolucionario, un gran líder. Reivindican a súa figura, aínda que recoñezan que incurrió en serios erros ao final do seu goberno. De acordo con Deng Xiaoping, quen fora desprazado durante a Revolución Cultural acusado de seguir o camiño da restauración capitalista, «[Mao] estaba as tres cuartas partes no correcto e unha cuarta parte errado ''e a súa'' contribución foi primordial e os seus erros secundarios». Algúns membros do Partido Comunista, con todo, acusan a Mao de ser o responsable da ruptura coa Unión Soviética. Tamén se lle crítica o non adoptar políticas relacionadas co control da natalidade, as cales foron desenvolvidas posteriormente polos seus sucesores cando estableceron unha serie de incentivos e programas a fin de lograr que as familias chinesas só tivesen un fillo.
 
Os críticos de Mao, con todo, afirman que logrou éxitos de grangrande importancia. Por exemplo, antes de 1949 o índice de [[analfabetismo]] era do 80 % e a media de vida da poboación era soa mente de 35 anos. Á súa morte, o índice de analfabetismo baixara ao 6 % e a media de vida duplicouse a 70 anos. A poboación da China durante o período de Mao aumentou en 57 %, chegando a 700 millóns comparado coa cifra de 400 millóns que permanecera constante entre as [[guerras do opio]] e a [[guerra civil chinesa]]. Tamén din os seus seguidores que baixo Mao a China desfíxose dun «século de humillacións» ás que a someteran as potencias occidentais e xurdiu como unha gran potencia mundial. Tamén afirman que Mao logrou a industrialización do país e asegurou a soberanía da China baixo o seu mando. Dise tamén que Mao terminou co réxime corrupto do Kuomintang.
Os opoñentes a Mao indican que os logros na erradicación do analfabetismo e as expectativas de vida, tamén foron alcanzadas polo réxime do Kuomintang en Taiwán. Algúns destes logros obtivéronse debido a que o país non estivo en guerra durante ese período e xa que logo puido dedicarlle recursos ao melloramento da poboación.
 
Mao suscitaba que o socialismo era a única resposta para a China, debido, entre outros argumentos, a que as potencias occidentais e particularmente os Estados Unidos, nunca permitirían que a China avanzase baixo un réxime capitalista. De feito, esta teoría non estaba lonxe da realidade, por canto Estados Unidos mantivo un embargo comercial á República Popular da China que durou ata [[1972]], cando [[Richard Nixon]] decidiu que a China constituía unha potencia que debía ser considerada favorablemente na [[guerra fría]] coa Unión Soviética.
 
Detractores e seguidores coinciden en afirmar que Mao foi un grangrande estratexa militar o cal demostrou na guerra civil chinesa e na [[guerra de Corea]]. De feito, as tácticas de Mao foron utilizadas constantemente por aqueles que loitan como insurxentes en diferentes lugares do mundo, así como por aqueles que tratan de esmagar a insurxencia.
 
Por outra banda, a ideoloxía maoísta influíu en moitos movementos comunistas do Terceiro Mundo, tales como [[Sendero Luminoso]] no [[Perú]], os [[Insurxencia naxalita|naxalitas]] na [[India]] e o bando comunista que pelexou na [[guerra civil nepalesa|guerra popular de 1996-2006]] en [[Nepal]]. Con todo, a China apartouse totalmente da liña maoísta cando Deng Xiaoping iniciou as reformas económicas.
8.879

edicións