Kepa Junkera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 16:
 
==Orixes==
Kepa Junkera exemplifica, actualizándoo, o carácter viaxeiro e aventureiro do pobo vasco. Como os vellos arrantzales (pescadores), conquistadores e misioneiros, o artista biscaíno despregou ó vento a vela do seu triki (acordeón diatónico) para viaxar polos cinco continentes ata converterse no músico máis internacional que deu Euskal Herria. A súa árbore xenealóxica máis cercana, o seu aitite (avó) e a súa ama, creceu forte e ben alimentada pola tradición da música en euskera, os bailes de romeríaromaría e os acordeóns e pandeiros aprendidos en grupos de danza de barrio. Do seu barrio, [[Rekalde]], ó que xa homenaxeou no primeiro disco, un traballo compartido editado en 1987 no que xa incluíu "Mugarik gabe", un instrumental clarividente que podería traducirse por "sen fronteiras". O rapaz xa o tiña claro por entón.
 
Tralo debut con '''Kepa, Zabaleta eta Motriku''', repleto de ritmos folk vascos (arin arin, fandangos, xotas...) pero que xa incluía composicións orixinais de Kepa, este músico autodidacta ampliou os horizontes dos seus gustos da música popular máis cercana ó jazz. Retirouse un pouco a txapela (boina) para ver máis lonxe, deixando para a historia os discos '''Triki up''' (1990) e '''Trikitixa Zoom''' (1991). Aínda que son tempos de aprendizaxe, xa por entón resultaba complicado seguir os veloces dedos de Kepa debuxando ritmos frenéticos sobre as teclas da triki.