Airbus A310: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
=== Antecedentes ===
O [[26 de setembro]] de [[1967]] os gobernos británico, francés e alemán asinaron un memorando de entendemento para comezar o desenvolvemento conxunto do [[Airbus A300]] de 300 asentos.<ref>Simons 2014, p. 38</ref><ref>Endres 2004, p. 43</ref><ref>Pitt e Norsworthy 2012, p. 57</ref> Este esforzo colaborativo deu como resultado a produción do primeiro avión de pasaxeiros do consorcio. O A300 era unha aeronave de fuselaxe ancha de alcance medio-longo; ten a distinción de ser o primeiro bimotor de fuselaxe ancha do mundo.<ref>{{Cita novas|data=2001-01-02|xornal=Flightglobal.com|título=Airbus at thirty - Family planning|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/airbus-at-thirty-family-planning-124235/|lingua=en-GB|data-acceso=2018-11-30}}</ref><ref>Senguttuvan 2006, p. 34</ref><ref name=":1">{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20150925104335/http://www.airbus.com/company/history/the-narrative/technology-leaders-1977-1979/|data=2015-09-25|título=Technology leaders (1977-1979) {{!}} Airbus, a leading aircraft manufacturer|data-acceso=2018-11-30}}</ref><ref>Pitt e Norsworthy 2012, pp. 57, 60</ref> O deseño era relativamente revolucionario para a súa época e contaba con varias innovacións, facendo o primeiro uso de materiais compostos nun avión comercial; durante [[1977]], o A300 converteuse no primeiro avión compatible coas normas [[ETOPS]], grazas ao seu alto rendemento e stándares de seguridade.<ref>Simons 2014, p. 40</ref> O A300 podería ser producido en varios modelos e venderse relativamente ben a aeroliñas de todo o mundo, finalmente chegando ás 816 unidades entregadas.<ref name=":5">{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20081221090847/http://www.airbus.com/store/mm_repository/pdf/att00011494/media_object_file_Historical_OD_74_07.xls|páxina-web=Airbus|título=Airbus – Historical Orders and Deliveries|data-acceso=2018-11-30}}</ref>
 
Durante o desenvolvemento do anterior A300, o consorcio estudou varios tamaños e capacidades diferentes de avións; a proposta resultante Airbus A300B era unha das opcións máis pequenas. Cando apareceron os prototipos do A300B1 varias aeroliñas solicitaron un avión con máis capacidade, o que resultou na produción inicial da versión A300B2. Cando o A300 entrou en servizo fíxose máis evidente que tamén había un mercado o suficientemente grande para un avión máis pequeno; algúns operadores non tiñan o suficiente tráfico para xustificar o relativamente grande A300, mentres que outros querían máis frecuencias ou menores custos por avión/milla a costa de maiores custos por asento/milla (especificamente [[Swissair]] e [[Lufthansa]]). Ao mesmo tempo había unha gran presión en Airbus para validarse máis aló do deseño e fabricación dun único avión. En resposta a eses desexos Airbus explorou as opcións de producir un derivado máis pequeno do A300B2.<ref>Gunston 2009, p. 85</ref>
Liña 37:
 
=== Traballo de deseño ===
[[Ficheiro:Lufthansa and Swissair A310-200.jpg|miniatura|299x299px|O prototipo do Airbus A310-200 coas libreas de Lufthansa e Swissair]]
Dende finais de [[1977]], antes do anuncio de Varley, BAe xa comezara a traballar no deseño dunha nova á nas súas intalacións de [[Hatfield]]. Porén, debido ao atraso das negociación co Reino Unido para o seu regreso a Airbus, exploráronse opcións alternativas, incluíndo a fabricación potencial da á noutros lugares.<ref name=":1" /> Ao mesmo tempo que os esforzos británicos, a firma francesa [[Aérospatiale]], a alemá [[Messerschmitt-Bölkow-Blohm]] (MBB) e a empresa conxunta alemá-neerlandesa [[VFW-Fokker]] tamén estaban realizando os seus estudos individuais sobre prosibles opcións para a á do futuro avión de pasaxeiros.
 
Liña 44 ⟶ 45:
 
Inicialmente, Airbus planeou dúas versións distintas do A310; o rexional A310-100 e o transcontinental A310-200. O A310-100 tiña un alcance de 3 700 km con 200 pasaxeiros, mentres que o A310-200 tiña un [[MTOW]] máis grande e unha sección central de combustible, send capaz de levar a mesma carga 1 900 km máis lonxe.<ref>Gunston 2009, p. 91</ref> Os motores básicos ofrecidos para o modelo eran o [[General Electric CF6|General Electric CF6-45B2]] e o [[Pratt & Whitney JT9D|Pratt & Whitney JT9D-7R4]]. O fabricante británico [[Rolls-Royce]] considerou ofrecer o motor [[Rolls-Royce RB211|Rolls-Royce RB.207]] para o A310, porén, finalmente elixiu descartar eses esforzos a favor dun deseño máis pequeno, o RB.211.
 
=== Produción ===
O alcance do A310 supera o da serie A300 coa excepción do A300-600R, que á súa vez é superado polo A310-200. O maior alcance do A310 axudou a que o avión fose usado amplamente polos operadores en rutas transatlánticas. Os A300 e A310 introduciron o concepto de "comunalidade": os pilotos do A300-600 e A310 poden cualificarse para o outro modelo con só un día de adestramento.
 
As vendas do A310 continuaron durante principios dos anos 80. O [[3 de abril]] de [[1982]] o protitipo do A310-200 realizou o seu voo de estrea; nese momento o avión levaba acumulados 181 pedidos e opcións, realizados por 15 aeroliñas de todo o mundo, sendo un inicio relativamente superior ao do A300. Co tempo a versión de máis alcance, o A310-200, converteuse na máis popular das dúas ofrecidas. Durante 1979, en resposta á falta de demanda do A310-100, Airbus decidiu parar de ofrecer o modelo de menos peso proposto orixinalmente para Lufthansa; como consecuencia finalmente non se fabricou ningún aparello desta variante.<ref name=":3" />
 
Durante principios dos 90 a demanda do avión comezou a baixar; non houbo novos pedidos de A310 de pasaxeiros durante os últimos anos da década, en parte debido á introdución do máis novo e avanzado [[Airbus A330]] nesa época. Como resultado, durante xuño de [[1998]] realizouse a última entrega do modelo. O A310, xunto co seu irmán A300, deixou de fabricarse oficialmente en xullo de [[2007]], aínda que houbo un pedido de [[Iraqi Airways]] por cinco A310 ata xullo de [[2008]]. As vendas restantes de cargueiros cumpriríanse co novo A330-200F.<ref>{{Cita novas|data=2006-03-14|xornal=Flightglobal.com|título=Airbus aims to fill freighter void with A330 derivative|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/airbus-aims-to-fill-freighter-void-with-a330-derivat-205407/|lingua=en-GB|data-acceso=2018-12-02}}</ref>
 
O A310 foi comercializado comunmente como unha introdución ás operación de fuselaxe ancha para aeroliñas baseadas en países en desenvolvemento. O avión foi substituído na liña de Airbus polo exitoso [[A330-200]], que comparte a sección cruzada da fuselaxe. Entre [[1983]] e o derradeiro avión producido en [[1998]], entregáronse un total de 255 A310.<ref name=":5" /> Os A300 e A310 situaron a Airbus como un competidor de [[Boeing]] e permitíronlle seguir adiante coas máis ambiciosas familias A320 e A330/A340.
 
En xullo de [[2017]] aínda había 37 A310 en servizo comercial; o maiores operadores son [[Air Transat]] e [[Mahan Air]] con 9 avións cada un; [[Fedex Express]] (6), e 7 aeroliñas operando os 13 restantes.
 
A [[Real Forza Aérea do Canadá]] opera unha frota de 5 [[Airbus CC-150 Polaris]], Airbus A310-300 civís que pertenceron orixinalmente a [[Wardair]], e posteriormente a [[Canadian Airlines International]] tras a fusión das aeroliñas. Os avións foron vendidos ao goberno canadense e convertéronse en transportes de longa distancia para a Forza Aérea.
 
== Especificacións ==