Gonzalo Gurriarán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 5:
Estudou Medicina en Salamanca e na Universidade Central de Madrid. Viviu na [[Residencia de Estudiantes]] mentres facía a carreira, o doutoramento e completaba o servizo militar, e alí coñeceu a [[Federico García Lorca]] e [[Juan Negrín]], cos que estableceu unha amizade duradeira. Realizou varías estadías de investigación no estranxeiro, sobre todo en [[Estrasburgo]], e defendeu a súa tese de doutoramento, titulada ''"Estudios experimentales sobre la obtención de la úlcera crónica gastroduodenal"''. En [[1932]] a Academia Nacional de Medicina concédelle o premio bianual de investigación Rodríguez Abaytua, que tamén recibiu en [[1934]]. En 1935 integrouse no equipo do doutor Negrín. En 1936 foi nomeado Xefe Provincial de Sanidade de Madrid.
 
A [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno no Barco. Estivo agochado un tempo e despois serviu como médico na fronte de Madrid nas tropas de Franco. Ao rematar a guerra abríronlle un expediente de depuración, e non puido exercer a profesión na sanidade pública ata 1948, cando obtivo unha praza de médico en [[Sobradelo, Carballeda de Valdeorras|Sobradelo de Valdeorras]]. Despois abriu unha clínica cirúrxica no [[O Barco, O Barco, O Barco de Valdeorras|Barco]].
 
En [[1944]] creou o [[Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia]], que servía tamén para protexer as súas visitas á montaña da constante vixilancia da [[Garda Civil]] e dos falanxistas. Impulsou a construción do [[refuxio de Fonte da Cova]], dotou ao local social do Barco dunha biblioteca con libros de montañismo, xeoloxía, flora, historia e [[xeografía de Galicia]] e promoveu actividades relacionadas coa reforestación da serra e a sensibilización sobre a masa arbórea en extinción. Dirixiu a primeira e única selección galega de esquí, que debutou na [[serra de Guadarrama]].