Diferenzas entre revisións de «Mercedes Peón»

 
==Traxectoria==
Aos 13 anos escoitou as pandeireteiras da Costa da Morte, o que a impulsou con 17 anos a percorrer as aldeas e vilas de Galicia, entre elas a aldea dos seus avós maternos en Oza dos Ríos, recollendo a música e tradicións do pobo galego para gardarasgardalas e transmitilas ás novas xeracións. Formou parte do grupo folclórico [[Xacarandaina]]. Ao longo de 17 anos da súa vida dedicouse á ensinanza da música e o baile tradicionais de Galicia, transmitindo todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales, etc.
 
Acadou sona como presentadora dunha sección no programa de entretemento ''[[Luar (programa)|Luar]]'' da [[TVG]] no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.