Cigosidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios +cda
Liña 1:
A '''cigosidade''' ou cigose é o grao de semellanza dos [[alelo]]s dun [[xene]] dun organismo [[diploide]]. Os organismos diploides teñen cada xene repetido, xa que teñen un nun cromosoma e outro no seu [[cromosoma homólogo]]. Os xenes preséntanse en variantes chamadas alelos. Os termos homocigoto, heterocigoto, e hemicigoto utilízanse para describir o [[xenotipo]] dun organismo diploide nun determinado [[locus]]. Poden darse as seguintes circunstancias:
* Se os dous alelos que ten o individuo para ese xene son iguais, o individuo é '''homocigotohomocigótico''' para ese xene.
* Se os alelos dese xene son distintos o individuo é '''heterocigotoheterocigótico''' para ese xene.
* Se un dos alelos se perde e ao individuo só lle queda o outro, dise que é '''hemicigotohemicigótico'''.
* Se se perde a funcionalidade de ambos os alelos, o individuo é '''nulicigotonulicigótico'''.
 
A [[secuencia de ADN]] dun xene adoita variar dun individuo a outro. Estas variacións orixinan os alelos. Mentres que hai xenes que teñen un só alelo porque presentan unha baixa variación, outros teñen un só alelo porque só ese alelo funciona axeitadamente. Calquera variación da secuencia do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] dese alelo pode ser fatal para o [[embrión]], e o organismo non sobreviviría ata o nacemento. Pero estes son casos minoritarios, porque a maioría dos xenes teñen dous ou máis alelos. A frecuencia con que aparecen na poboación os diferentes alelos é variable. Algúns xenes teñen dous alelos con igual distribución. Noutros xenes, un dos alelos pode ser moito máis común, e o outro ou outros pode(n) ser moito máis raro(s). Ás veces, un alelo causa unha enfermidade xenética e o outro non. Ás veces, as diferenzas que presentan os alelos non orixinan ningunha diferenza no funcionamento do organismo.
Liña 12:
 
== Homocigoto ==
Un individuo diploide é homocigotohomocigótico para un determinado carácter se o [[xene]] que o determina presenta [[alelo]]s idénticos en cada [[cromosoma homólogo]].<ref name="Henderson's">Lawrence, Eleanor: ''Henderson's Dictionary of Biology, 14e'', 2008</ref> O individuo en cuestión denomínase ''homocigoto'', ''homocigótico'' ou ''puro'' para ese carácter, e o fenómeno chámase ''homocigose''.
 
Un individuo que é ''homocigotohomocigótico dominante'' para un carácter leva dous alelos [[dominancia (xenética)|dominantes]] para ese carácter, xeralmente escritos con dúas letras maiúsculas (por exemplo AA). Os ''homocigotohomocigótico recesivo'' leva dous alelos [[recesivo]]s, xeralmente escritos con minúsculas (aa). Cando hai dominancia, o carácter recesivo só se pode expresar no homocigotohomocigótico recesivo.
 
== HeterocigotoHeterocigótico ==
Un individuo diploide é heterocigoto para un carácter se o xene que determina o carácter ten alelos distintos no seu correspondente locus dos cromosomas homólogos.<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/bookshelf/br.fcgi?book=mcb Molecular Cell Biology], 4th edition by Harvey Lodish, et al [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/bookshelf/br.fcgi?book=mcb&part=A1876#A1877 Chapter 8]. (2000)</ref> O individuo denomínase ''heterocigoto'', ''heterocigótico'' ou ''híbrido'' para ese carácter e o fenómeno chámase ''heterocigose''. Se hai dominancia dun dos alelos sobre o outro, só se expresará fenotipicamente o alelo dominante e quedará oculto o recesivo. O xenotipo dos heterocigotos represéntase xeralmente por unha letra maiúscula e outra minúscula (Aa).
 
En esquemas de dominancia máis complexos, os resultados da heterocigose poden ser tamén máis complexos.
 
== HemicigotoHemicigótico ==
Un individuo diploide é hemicigoto cando só ten unha copia dun xene para un determinado carácter, xa que a outra copia non está presente. Por tanto só terá un alelo.<ref name="Henderson's"/> O organismo denomínase ''hemicigoto'' ou ''hemicigótico'' e o fenómeno ''hemicigose''. A hemicigose dáse cando unha copia do xene sofre [[deleción]] ou no sexo heterogamético (con cromosomas sexuais distintos) cando o xene estudado está localizado na porción do cromosoma que non está presente no outro cromosoma sexual máis pequeno, como ocorre en humanos nos homes, que son XY e o cromosoma Y é moito máis pequeno. Nos humanos a maioría dos xenes do [[cromosoma X]] son hemicigotos nos machos, e denomínanse caracteres ligados ao sexo, xa que non se herdan en igual proporción en machos ca en femias. Nun caso máis extremo, os machos das [[abella]]s, que son [[haploide]]s, son completamente hemicigotos. Os ratos [[organismo transxénico|transxénicos]] orixinados por microinxección dun ADN exóxeno nas fases iniciais embrionarias considéranse tamén hemicigotos, porque o alelo introducido artificialmente é incorporado nun locus nunha soa copia. Os transxénicos poden despois ser emparellados para facelos homocigotos.
 
== NulicigotoNulicigótico ==
Un organismo nulicigoto leva dous alelos mutantes do mesmo xene, que perderon totalmente a súa funcionalidade, polo que é como se non tivese ese xene. Os alelos mutantes son anelos ''nulos'' en canto á súa funcionalidade, e fálase de individuo ''nulocigoto'', ''nulicigose'' ou ''homocigose nula''.<ref name="Henderson's"/>.
 
== AutocigotoAutocigótico e alocigotoalocigótico ==
A cigosidade pode referirse tamén á(s) orixe(s) dos alelos dun [[xenotipo]]. Cando os dous alelos dun locus se orixinan dun antepasado común por medio dun apareamento non aleatorio (consanguíneo), o xenotipo dise que é ''autocigoto''.
 
Liña 42:
 
== Heterocigose en xenética de poboacións ==
En [[xenética de poboacións]], o concepto de heterocigose ou heterocigosidade utilízase para referirse á poboación no seu conxunto, é dicir, a fracción dos individuos nunha poboación que son heterocigotosheterocigóticos para un determinado locus. Pode tamén referirse á fracción de loci nun determinado individuo que son heterocigotosheterocigóticos.
 
É común comparar as heterocigoses observada (<math>H_o</math>) e esperada (<math>H_e</math>), definidas como segue para individuos diploides nunha poboación: