Jean Alesi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
extraño > estraño
Liña 32:
A tempada seguinte, no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1990]] en Phoenix, Alesi volveu sorprender ao mundo do motor obtendo un impresionante segundo posto co [[Tyrrell]], chegando ata a liderar durante un par de voltas, ata que foi superado polo tricampión mundial [[Ayrton Senna]] quen se levaría o triunfo. Pero Alesi cumprira o seu cometido, e chamara a atención de dous dos equipos máis importantes da F-1: [[Williams F1|Williams]] e [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] querían os seus servizos para acompañar a [[Nigel Mansell]] e [[Alain Prost]] respectivamente. Alesi recoñeceu anos despois que non decidiu ben ao elixir á marca italiana con base en [[Maranello]], decidindo máis co corazón que coa cabeza: Williams era a opción que prometía triunfos, Ferrari podía prometer ser unha lenda. O mozo Jean elixiu a segunda opción.
 
Con todo, desde o principio viuse que a relación non traería demasiadas alegrías. Alesi sufriu catro anos cun equipo Ferrari extrañamenteestrañamente pouco competitivo, que case se conformaba con saír cuarto ou quinto no campionato mundial, sendo desprazado por [[McLaren]], [[Williams F1|Williams]] e [[Benetton Formula|Benetton]].
 
Alesi gañou unha carreira con Ferrari, a única carreira que gañaría na Fórmula 1. O [[Gran Premio do Canadá de 1995|Gran Premio do Canadá]] da tempada {{f1|1995}} sería o gran día de Jean tras tanto penar cun auto pouco fiable e pouco competitivo.<ref>{{cita publicación|url=http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD01/HEM/1995/06/12/MD19950612-043.pdf|título=Alesi y Ferrari rompen el maleficio en Canadá|apelido=Blancafort|nome=Raymond|publicación=[[Mundo Deportivo]]|data=12 de xuño de 1995|páxina=43|formato=PDF}}</ref> Pero para a tempada {{f1|1996}}, Ferrari xa contratara a [[Michael Schumacher]] que levaría o inevitable número un no equipo. Tras está situación Alesi decidiu abandonar o equipo.