Abrir o menú principal

Cambios

 
Os poderes do País Vasco exércense pola vía do Parlamento, o Goberno e o seu [[Lehendakari]]:
* '''[[Parlamento Vasco]]''' (''Eusko Legebiltzarra''): é o órgano que exerce a [[poder lexislativo|potestade lexislativa]] do País Vasco. Aproba os orzamentos e impulsa e controla as accións do Goberno Vasco. Está integrado por 75 deputados, e por disposición estatutaria, cada provincia constitúe unha circunscrición electoral e elixe o mesmo número de representantes (25). Os representantes son elixidos pola vía da representación proporcional por un período de catro anos. A actual presidenta é [[Bakartxo Tejeria]].
* '''[[Goberno vasco]]''' (''Eusko Jaurlaritza''): é o órgano colexiado que ostenta as funcións [[poder executivo|executivas]] e administrativas do País Vasco. Está integrado polo [[lehendakari]] e por conselleiros.
* '''[[Lehendakari]]''': é o [[xefe de goberno]]. Elixe e cesa aos membros do seu goberno e dirixe a súa acción. Ostenta, ademais, a máis alta representación do País Vasco e a ordinaria do Estado español no territorio. É designado polo parlamento e nomeado polo [[rei de España]]. O actual é [[Iñigo Urkullu]].
* '''[[Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco]]''' (''Euskal Autonomia Erkidegoko Auzitegi Nagusia''): é a máis alta instancia [[poder xudicial|xudicial]] da comunidade autónoma. O seu presidente é [[Juan Luis Ibarra]].
* '''[[Ararteko]]''': é o [[Defensor do Pobo]] vasco, nomeado polo Parlamento. Actualmente é [[Iñigo Lamarca]].
* '''[[Administración Xeral do Estado]]''': representada pola Delegación do Goberno e subdelegacións provinciais. O actual delegado é [[Carlos Urquijo]].
 
=== Partidos políticos ===
46.319

edicións