Exeria (escritora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Añadida cita
m Desfixéronse as edicións de Navbel (conversa); cambiado á última versión feita por Lles
Etiqueta: Reversión
Liña 21:
 
[[Ficheiro:Roman Empire Map.png|miniatura|Grazas á ''[[Pax romana]]'' unha cidadá do imperio podía viaxar desde Gallaecia até Mesopotamia. Isto sucedía entre os anos 381 e 384.]]
A obra, coñecida como ''[[Itinerarium Egeriae]]'', chegou ata nós incompleta -falta a primeira parte, co título, e a última- e foi escrita en [[Constantinopla]]. Considerada unha obra clave para coñecer o [[latín vulgar]] que se falaba na época e que amais ofrece unha valiosísima información sobre a sociedade e a liturxia do momento, o ''Itinerarium ou Peregrinatio ad loca sancta'' recolle a viaxe desde as nosas terras a [[Constantinopla]] e [[Xerusalén]], á [[Capadocia]] e á Tebaida no Alto [[Exipto]], as praias do [[mar Vermello]] e as caeiras do [[Sinaí]]. Os monxes dos lugares que visitou recibírona como unha celebridade da época e as autoridades expedíanlle salvocondutos para salvagardar a súa seguridade. <ref>{{Cita web|url=https://www.worldcat.org/oclc/556943554|data=2009|título=Atlas de los exploradores españoles|data-acceso=2018-11-25}}</ref>
 
O ''Itinerarium'' foi publicado polo propio autor do achado por vez primeira no ano [[1887]]. Os relatos foron escritos, posiblemente, entre os anos [[393]] e [[396]], do que se deduce a importancia documental do testemuño naqueles anos do primeiro cristianismo, xa que a obra é moi prolífica na explicación de detalles relacionados coa liturxia.