Airbus A321: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
== Historia ==
O programa A321 comezou no ano [[1989]] a partir do [[Airbus A320]], sendo o seu primeiro derivado e coñeceuse tamén como ''Stretched A320'', ''A320-500'' e ''A325''.<ref name=":0">Norris & Wagner 1999, p. 50</ref> Foi lanzado o [[24 de novembro]] de [[1988]] despois de que se asegurasen compromisos por 183 avións para 10 clientes.<ref name=":0" /> Realizou o primeiro voo o [[11 de marzo]] de [[1993]] e a súa certificación europea conseguíuna en decembro dese ano.
 
En comparación co A320, o cambio máis importante do A321 é a súa fuselaxe máis alongada, con novas seccións nas partes dianteira e traseira que lle dan 6,93 metros máis de longo. Outros cambios son o reforzo do tren de aterraxe para facer fronte un maior peso, motores máis potentes, un sistema de combustible simplificado e mellorado e pneumáticos máis grandes para mellores freadas. As súas ás lixeiramente modificadas danlle un comportamento moi semellante ao do [[Airbus A320|A320]] tendo un pilotaxe case idéntico ao deste modelo e ao [[Airbus A319|A319]].