Vila romana de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
villa > vila
Liña 26:
| Web = [http://www.turismodevigo.org/gl]
}}
A '''Vila romana de Toralla'''<ref>[http://www.turismodevigo.org/gl/vila-romana-de-toralla Páxina na web de turismo do concello de Vigo]</ref>, é unha escavación arqueolóxica a ceo aberto dunha ''villavila romana'' convertida en exposición-museo visitábel á beira da [[praia do Vao]], en [[Coruxo, Vigo|Coruxo]] ([[Vigo]]). Áchase no antigo eido de Mirambell, nun arboredo de [[acacia negra|acacias]].
 
== Contexto histórico ==
Liña 35:
== Toralla ==
{{Artigo principal|Toralla}}
A ''villavila'' de Toralla construíuse nun pequeno cabo que separa as praias do Vao e a de Canido, daquela unido á illa de Toralla por unha barra de area (de aí o nome de [[Vao (pasaxe)|vao]]). Habitouse entre o 300 e 450 d.C., momento final do [[imperio romano]], no que as ''villae'' terán un bo crecemento, tanto na [[Gallaecia]] coma nas demais provincias do imperio. A illa estivo poboada antes de que existise a ''villavila'', pois hai restos dun [[Castro (poboado)|castro]] prerromano que sería abandonado contra o século I d.C. Atopáronse tamén restos dun [[cemiterio]] romano, quizais o dos habitantes da ''villavila''.
 
A illa crese que pertenceu á Igrexa durante séculos, até o século XIX, no século XX construíuse a ponte, unha urbanización, e unha torre de vivendas, destruíndo parte dos sitios arqueolóxicos da illa.
 
== As ''villae'' ==
A ''villa'' (en singular) ou as ''villae'' (en plural) é unha casa; componse dun conxunto de edificacións, labores agrícolas, ou instalacións relacionadas co mar nas zonas costeiras coma esta. A ''villavila'' existiu desde as orixes e en todos os territorios do imperio, pois é o tipo de asentamentos máis característicos do mundo rural romano.
 
Habíaas con gran variedade de tipos e tamaños: luxosas residencias, dedicadas ao lecer, grandes granxas, nas que poderían vivir máis de dous ou tres centenares de persoas; ou modestas explotacións produtivas como pode ser o caso de Toralla.
 
=== A ''villavila'' de Toralla ===
A ''villavila'' de Toralla era sobria, aínda así dispuña de certos elementos de confort e riqueza, como [[terma]]s ou [[mosaico]]s. Como toda ''villavila'' romana organizábase en dúas partes: a ''pars urbana'' ou edificios residenciais do propietario ou os serventes, e a ''pars rustica'', ou construcións adxacentes relacionadas coa produción, que en Toralla serían unha salina, [[alpendre]]s, [[Celeiro (construción)|celeiros]] e almacéns.
 
Defínese a partir de varias construcións independentes, situadas a pouca distancia unhas doutras, distribuídas de xeito funcional e adaptándose á topografía do terreo. Estas son:
Liña 54:
 
== O Museo ==
Son os únicos restos dunha vila romana, do século IV, que se conservan en Galicia. Áchase emprazada dentro do que fora a leira da familia Mirambell, cuxos propietarios descubriron o sitio arqueolóxico e despois doaron o terreo ao concello de Vigo. Logo de anos de pescudas na leira de Mirambell, o museo abre en 2007. A ''villavila'' está totalmente escavada e pódese visitar libremente seguindo as indicacións de paneis informativos. O recinto está coutado cun valado de madeira, mais a entrada é de balde.
En 2013 pensouse comezar as obras na vivenda Mirambell para realizar un Centro de Interpretación, as obras foron paralizadas polo achado de máis restos arqueolóxicos nos alicerces da mesma.
 
=== Achado de marzo de 2013 ===
A vivenda da familia Mirambell construída en 1906 e modificada en varias ocasións ao longo do século XX, cuxo futuro inmediato pasaba por se converter no Centro de Interpretación da ''villavila'' romana de Toralla, agochaba nos seus alicerces restos que fixeron paralizar os traballos en marzo de 2013. Muros, tellas e tixolos en bo estado de conservación afloraron nas seis perforacións realizadas no edificio.
 
As primeiras teorías baralladas polos arqueólogos que traballaban na coutada apuntan a que a ''villavila'' romana tiña unha dimensión máis grande có que se cría e có sitio arqueolóxico musealizado; polo que dende o concello díxose que habería que modificar a idea orixinal<ref>http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/04/03/hallazgo-restos-arqueologicos-paraliza-proyecto-villa-romana-mirambell/784026.html</ref>.
 
== Notas ==