Gonzalo de Mondoñedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 32:
A situación non mudou até a morte do rei Afonso VI, naquel momento [[Pedro Froilaz de Traba|Pedro Froilaz]], cabeza familiar da liñaxe Traba, protexía os dereitos do infante [[Afonso VII de León|Afonso Raimúndez]] ao trono do [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] diante da súa nai [[Urraca de León|Urraca]] (filla de Afonso VI) e do seu marido [[Afonso I de Aragón]]. Os Traba precisaban da alianza de Diego Xelmírez, que se debatía entre o bando de Afonso Raimúndez e o da súa nai Urraca. Convenientemente, San Gonzalo cesou no seu cargo, e nomeouse bispo a Pedro Amiguiz, abade do [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro|Mosteiro de Caaveiro]] e confesor de Pedro Froilaz<ref>{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1900|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/176/mode/2up|volume=3|páxina=177|ref=}}</ref>. Probabelmente unha solución concertada entre as partes, e unha saída airosa para Gonzalo Froilaz<ref>{{Cita libro|título=Episcopologio Mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de estudos galegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA88#v=onepage&q&f=false|páxina=88|ref=}}</ref>.
 
En febreiro do [[1110]] a familia Froilaz entrega ao bispado compostelán os arciprestados en litixio mediante un documento no que todos os cregos, cabaleiros e vasalos dos Traba nos territorios disputados prometen obediencia ao bispo Xelmírez. Un documento que asinan en primeiro lugar: [[Pedro Froilaz de Traba]], a súa esposa Dona [[Maior Guntronda]], e as súas irmáns [[Munia Froilaz]] e [[Visclávara Froilaz|Visclávara Froilaz.]].
 
Non foi esta a única concesión que os Traba fixeron ao prelado compostelán, desexoso de reducir a importancia da sé mindoniense, rival da súa<ref name=":3">{{Cita web|url=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=146&seccion=13|páxina-web=terraetempo.gal|título=San Gonzalo. Bispo mindoniense|data-acceso=30/10/2018}}</ref>. No momento do falecemento de Gonzalo Froilaz no ano [[1112]], o bispo Pedro regresou ao mosteiro de Caaveiro e foi nomeado para o cargo [[Munio Afonso]], secretario persoal de Xelmírez e un dos redactores da [[Historia Compostelá]]<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Flórez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA124#v=onepage&q&f=false|volume=18|páxinas=124-134|ref=}}</ref>. Este bispo tivo frecuentes enfrontamentos coa nobreza mindoniense e rematou por dimitir do seu cargo, regresando a Santiago<ref name=":4" />. Unha das primeiras decisións do seu bispado foi o traslado da sé mindoniense cara o interior, á vila de [[Vilamaior do val de Brea]], o seu actual emprazamento<ref>{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=Universidade da Coruña|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=29&zoom=auto,-361,421|páxina=131|en=|ref=}}</ref>, e o abandono de [[San Martiño de Mondoñedo, Foz|San Martiño en Foz]], alegando o perigo que supuña a proximidade ao mar da sé episcopal. Esta decisión tomouse no ano 1113 nun concilio en Palencia solicitado polo mesmo Xelmírez<ref>{{Cita libro|título=Historia compostelana|apelidos=|nome=|editorial=Akal. Clásicos latinos medievales.|ano=1994|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=XVybJYbv27AC&lpg=PP1&hl=pt-PT&pg=PA220#v=onepage&q&f=false|apelidos-editor=Falque Rey|nome-editor=Emma|páxina=220|ref=}}</ref>, e no que asinan diversos persoeiros ofendidos polo bispo Gonzalo durante o longo preito polos arciprestados<ref name=":3" />.
Liña 49:
[[Ficheiro:CapelaBispoSanto2.jpg|miniatura|Ermida do bispo santo no monte da cruz do agrelo lugar ao que ascendeu o bispo Gonzalo fuxindo da armada viquinga.Nas proximidades (Pico da Lebre) existen indicios dunha fortificación posibelmente coetánea dos feitos<ref>{{Cita novas|data=2011-02-20|xornal=Capítulo 0|título=Cando as lendas se volven realidade: o Bispo Santo e o refuxio de San Martiño|url=http://www.manuelgago.org/blog/2011/02/20/cando-as-lendas-se-volven-realidade-o-bispo-santo-e-o-refuxio-de-mondonedo/|lingua=gl-ES|data-acceso=2018-11-02}}</ref>.|alt=]][[Ficheiro:FontedaZapata4.jpg|alt=|miniatura|A Fonte da Zapata, supostamente feita brotar por un zapato de San Gonzalo en tempo de intensa seca, é a cristianización do anteriormente chamado "rego de lavar as mans".]]A figura de San Gonzalo esta asociada á lenda do afundimento dunha armada normanda no esteiro da [[Ría de Foz|ria de Foz]]. A lenda, para a que se poden atopar similitudes no folclore céltico<ref>{{Cita web|url=https://www.mythicalireland.com/myths-and-legends/the-sons-of-mil|apelidos=Murphy|nome=Anthony|páxina-web=Mythical Ireland - New light on the ancient past|título=Mythical Ireland - Myths & Legends - The Sons of Mil|data-acceso=2018-11-01|lingua=en}}</ref>, é racionalizada por algúns historiadores atribuindo os naufraxios a causas naturais<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008 p. 90</ref> ou ao descoñecemento dos perigos da costa galega<ref>{{Cita libro|título=Historia de Galicia|apelidos=Vicetto|nome=Benito|editorial=|ano=1871|ISBN=|url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/5a/Historia_de_Galicia_por_Benito_Vicetto%2C_Tomo_IV%2C_1871.pdf#page=56&zoom=auto,-341,694|volume=4|páxina=48|ref=}}</ref>.
 
Se ben existen multitude de versións do relato<ref name="books.google.es">{{Cita libro|título=Episcopologio Mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA85#v=onepage&q&f=false|páxina=85|ref=}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://lendasgalegas.swred.com/lendas_lugo_o_bispo_santo_e_os_normandos.htm|páxina-web=lendasgalegas.swred.com|título=Lenda O bispo santo e os normandos, Mondoñedo, Lugo, Galicia, lendas galegas|data-acceso=2018-10-31|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.pangalaica.com/britonia/historia/vikingos.htm|apelidos=Comunicación|nome=Abertal|páxina-web=www.pangalaica.com|título=El Obispo Santo y los Normandos|data-acceso=2018-11-01}}</ref><ref>{{Cita novas|xornal=España Fascinante|título=The Bispo Santo and the Normans - Fascinating Spain|url=https://espanafascinante.com/en/legend-of-spain/legends-of-galicia/legend-of-the-the-bispo-santo-and-the-normans/|lingua=en-US|data-acceso=2018-11-01}}</ref>, todas narran mais ou menos os seguintes feitos:{{Cadro de citas|cita=Conta a lenda que cando unha poderosa armada normanda asomou polas costas mariñáns, os veciños da comarca, aterrados polo que lles ía pasar, acudiron ante a autoridade máis importante, o bispo da Sé episcopal de Mondoñedo, que nese tempo (864 – 1117) estaba asentada no lugar de San Martiño de Mondoñedo. O bispo Gonzalo, sabedor de que os soldados que defendían a catedral eran a única forza armada ca que se podería contar para repele-lo ataque, decide marchar en procesión ata o monte coñecido como A Cruz do Agrelo. O prelado portaba unha cruz de madeira que se lle facía cada vez máis pesada, debido a que el era xa unha persoa de idade avanzada e á orografía do camiño, para alivia-lo peso descansaba cada pouco, aproveitando ese tempo para rezar. Por cada vez que se axeonllaba e pregaba a Deus, un barco normando se afundía. Así cando chegaron ao alto do monte tan só quedaba unha nave, tres noutras versións, á que deixa marchar para que informe aos seus paisanos do poder de Deus.|fonte='''De normandos e bispos santos - Xoán Ramón Fernández Pacios'''<ref>{{Cita web|url=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=3539&seccion=13|apelidos=Fernández Pacios|nome=Xoán Ramón|páxina-web=www.terraetempo.gal|título=De Normandos e Bispos Santos|data-acceso=2018-11-01|lingua=gl}}</ref>|largo=60%|aliñamento=centro}}
 
Nos anos posteriores ao "milagre", o bispo Gonzalo comezou a rodearse dun aura de santidade e a xerarse un culto popular en torno á súa figura.
 
Esta santificación ,feita polo pobo, nunca foi recoñecida oficialmente pola igrexa católica, San Gonzalo non está canonizado. Porén, admitiuse o seu culto local e o "santo" foi incluído nos calendarios da catedral de Mondoñedo no século XIV, douscentos anos despois da morte do bispo.