Economía de Eslovenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: de:Wirtschaft Sloweniens
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 78:
|}
 
[[Eslovenia]] posue a [[economía]] máis próspera de tódolos estados membros que se uniron á [[Unión Europea]] no [[2004]] e no [[2007]], cun [[Produto interno bruto|PIB]] per capita de 23.250$ no [[2006]]. A relativamente alta [[inflación]] do país caeu do 3.6% no 2004 ó 2.3% no [[2006]], sendo hoxe en día comparable á de tódolos países membros. Nos últimos anos a economía de Eslovenia comezou a medrar cun ritmo moito máis forte (5.2% nos primeiros 9 meses do 2006, 4.0% no 2005, 4.4% no 2006 e 4.8% no 2007 segúnsegundo estimacións), do que o facía no 2003 (2.7%).
 
Durante o [[2000]], seguiron tendo lugar as privatizacións nos eidos da banca, [[telecomunicación]]s, e servizos públicos. As restriccións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar, agárdase que o investimento estranxeiro (FDI) medre nos próximos anos. Eslovenia é o único dos 12 novos membros que adoptou o [[Euro]], o [[1 de xaneiro]] do [[2007]], e ademáis tamén será o primeiro novo membro en ter a Presidencia do Consello da Unión Europea na primeira metade do [[2008]].