Fermin Muguruza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 57:
En 1999 apareceu o seu primeiro disco en solitario, ''[[Brigadistak Sound System]]''. Nel mestúranse reggae, ska, rock e [[jungle]], con algúns elementos de [[raggamuffin]] ou [[Salsa (xénero musical)|salsa]], e participando multitude de artistas internacionais. O disco iniciouse cunha colaboración entre Fermin e os [[Venezuela|venezolanos]] [[Desorden Público]]. Así, cada canción está gravada nun punto diferente do planeta, desde [[Roma]] ata [[Caracas]], pasando polos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[París]], [[A Habana]] ou [[Barcelona]]. Neste disco Fermin non contou cunha banda fixa (o que será habitual nos discos posteriores), senón que cada canción estaba gravada con diferentes bandas e músicos, como [[Banda Bassotti]], [[Hechos Contra el Decoro]], [[Manu Chao]], Amparo Sánchez (de [[Amparanoia]]), Angelo Moore (de [[Fishbone]]), o grupo [[cuba]]no [[Los Van Van]] ou os arxentinos Todos Tus Muertos. O propio nome fai referencia ás diferentes persoas que se involucraron, ó modo duns «Brigadistas Internacionais do Son». As mesturas finais realizáronse nos [[Estudios Katarain]] ([[Azkarate]], [[Navarra]]) de man de Kaki Arkarazo.
 
A temática do disco é bastante heteroxénea. Desde unha perpectiva abertzale («Harria») pero sen perder o internacionalismo («Brigadistak»), Fermin toma a palabra («Hitza Har Dezagun») e convértese nunha «nación andante» («Nazio Ibiltaria Naiz»), reclamando os dereitos dos pobos oprimidos («Newroz», «Maputxe») e arremetendo contra os poderosos, as súas institucións e o seu «mirar para outro lado» («Puzka» ou «Urrun»). Non faltan versións, como ''54-46, That's my number'' dos seus admirados [[Toots and The Maytals]] («54-46») ou do poema do escritor vasco [[Joseba SarrionaindiaSarrionandia]] («Eguraldi Lainotsua Hiriburuan»). Tamén, á parte do éuscaro, apareceron no disco multitude de linguas, desde o [[Lingua castelá|castelán]] ó [[Lingua francesa|francés]], pasando polo [[Lingua aragonesa|aragonés]], [[Lingua catalá|catalán]], [[Lingua mapuche|mapuche]], [[lingua curda|curdo]], ou [[Lingua inglesa|inglés]] entre outros.
 
O disco obtivo boas críticas. ''Rockdelux'' situouno no posto 55 entre os 100 mellores discos españois do século XX. Fermin foi premiado na IV Edición dos Premios da Música que concede anualmente a [[SGAE]] na categoría de «Mellor canción en [[Lingua éuscara|éuscaro]]» por «Urrun». Fermin negouse a aparecer na gala e rexeitou o premio:
Liña 107:
En agosto comezou no [[País Vasco francés]] a terceira fase da xira, que continuou por Italia, Suíza e Alemaña. Os últimos concertos estaban programados para diferentes cidades de España: tres días en [[Pamplona]], o 26 en [[Vigo]], o 28 e 29 en Madrid, o 30 en [[Tenerife]], o 2 de setembro en [[Málaga]], o 4 en [[Murcia]] e o 6 en [[Rubí]] ([[Barcelona]]). Antes do concerto de Málaga, a [[Asociación de Víctimas do Terrorismo]] (AVT) pediu que non se cedese o [[Palacio de Deportes José María Martín Carpena|polideportivo municipal «José María Martín Carpena»]] (concelleiro malagueño do [[Partido Popular]] asasinado por ETA en xullo de 2000), xa que consideraban un [[insulto]] que actuase alí Fermin Muguruza, acusándoo de ter militado en [[Batasuna]] e de facer apoloxía de ETA. A AVT pediu a outros concellos que non cedesen as instalacións municipais se Fermin Muguruza actuaba. Manu Chao negouse a actuar sen Fermin. Como consecuencia das presións suspéndense os concertos de Málaga e Murcia. Durante estes días multiplicáronse na prensa española as críticas a Muguruza. De igual modo numerosos músicos, colectivos políticos e particulares asinaron un comunicado de apoio ós dous músicos.{{Cómpre referencia}}
 
A AVT esgrimiu como proba a canción «[[Sarri, Sarri]]», un dos grandes éxitos de Kortatu (de 1985). A súa letra celebraba a fuxida do cárcere de [[Martutene]] de [[Joseba SarrionaindiaSarrionandia]] e de [[Iñaki Pikabea]], condenados pola súa pertenza a ETA. Finalmente, Fermin Muguruza foi denunciado pola AVT e a 'Plataforma Convivencia Cívica Catalá ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por apoloxía do terrorismo. Máis tarde, Manu Chao ironizaría con respecto á denuncia:
 
{{Cita|[...] La citada canción es del primer disco de Kortatu compuesta hace 18 anos sin que hasta el día tengamos constancia que se haya interpuesto denuncia por ello. A pesar del tono de las declaraciones de Fermin y Manu parece que la AVT o la plataforma Convivencia "Cívica" Catalana se personaron en el concierto de Rubí y sólo pueden "agarrarse" para mantener sus "tesis" a que Fermin cantó "Sarri-Sarri", por otra parte coreado en la sala sin que tampoco hayan denunciado a los asistentes del concierto por co-autores o colaboradores necesarios}}